Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2008

Recuperación da Tafona

Imagen
Catro liñas sobre a Tafona ilustradas por esta litografía. Pasei hoxe polas obras de reforma desta praza. Digo obras porque non teño claro que estean rematadas xa. Invítovos a pasar por este recuncho do barrio para que me deades a vosa opinión. Suponse que o pavimento que lle deixaron é definitivo?. O enxendro de farois que puxeron a 20 cm das fachadas son para sempre?. Cal é a función do pegote de cemento que hai no medio?. Unha incógnita. Supoño que todo será un xeroglífico que teremos que solucionar entre todos. Pouca sorte a nosa cos nosos gobernantes. Espero que o proxecto sexa da era Juncal. A os que están agora supóñolles outro nivel, ou non?. Varias recomendacións. A primeira, que as prácticas de arquitectura ou de obra civil dos fillos e amigos enchufados dos concelleiros realícenas nas súas casas. Nós queremos profesionais. A segunda, que creo que hai un dito que di que á terceira vai a vencida. O mellor é tirar todo e empezar de novo. Só hai que fixarse nesta litografía pa…

Boas prácticas en Canido

Imagen
Cada vez que paso polo cruceiro e vexo este edificio mexo por min. É o mellor exemplo co que podo ilustrar o modelo de barrio que me gustaría deixar ós meus fillos. O estado anterior do edificio podía augurar un penoso fin, o mesmo que seguramente lle espera o que se atopa a súa dereita, pero a sensibilidade dos seus donos descubriu unha xoia oculta entre a merda dos seus muros. Espero que este espíritu se transmita ós seus veciños, aínda que sexa por ósmosis. Ogallá que o cartel de Sanmartín que colga dun dos balcóns do seu triste compañeiro non sexa unha condea a morte sen xuizo. Como en Guantánamo.

Lili

Imagen
O personaxe de hoxe non ten un apelido composto. Tampouco é un dos pais da Constitución, aínda que fixo polo barrio bastante máis que todos os deputados do congreso xuntos desde a morte do fillodeputa (e que me perdoen as putas) de Franco.
Todos coñecémolo por Lili, pero che xuro que non teño nin idea do seu nome real, e estou seguro que non son o único. Con todo, é unha das poucas persoas vivas que poden presumir de ter unha rúa co seu nome. Asegúroche que el non o fará. É un tipo sinxelo que durante toda a súa vida envorcouse en conseguir que os mozos do barrio se adicaran á súa gran paixón, o fútbol.

Nunca tiven cualidades para ese deporte nin tampouco me gusta a merda que o rodea, pero teño que recoñecer que o laboura que o Club Canido realizou no barrio, con Lili á fronte, foi inmellorable. Què sería dalgúns mozos do barrio sen o Canido e que sería do Canido sen Lili?. Nada.

Lili non pasa polo seu mellor momento de saúde. Os fodidos anos non perdoan.

Non vexo a moitos veciños reivin…

Que non se perdan as boas tradicións

Imagen
Hoxe adiqueime ao case olímpico deporte de ir de tazas por Canido. A verdade é que xa case nin me acordaba.
Visitei o Rolen na rúa San Diego, renovado local con expléndido servizo. Pegueime un festín cos deliciosos callos que me puxeron nunha tapa que na Coruña sería ración, e ademáis polo morro. Logo subimos ao Clube Canido, de capa caída. Non lle está facendo ningún favor ao club a xente que o traballa. A sensación de falta de hixiene é total. Cero patatero. Pasamos á beira do que queda do "negro" para ir directos ao mellor local do barrio, o Rías Altas, ou como lle chamamos os máis vellos, o "Peque´s Pub" (évito explicar o porqué). Neste local rexentado por Geluca, dá gusto entrar e ver a Nando sempre de bo humor. Boas tapas e boa comida caseira.
Finalizamos a ruta no Tapas, un local de nova xeración con bos viños e deseño coidado. A súa dona, Ana, fixo unha fichaxe expléndido con Encarni. Simpática como poucas, enche ela soa o local. De primeira. Unha boa bodega…

Aquilino Montoya

Imagen
Cada vez que paso por este recuncho do barrio irremediablemente vénme á cabeza Aquilino. Aquilino é un personaxe case anónimo, supoño que poucos o recordamos e deses poucos algúns preferirían non facelo. Aquilino, de ter máis sorte, sería hoxe un home de proveito, tería un traballo estable, muller e fillos, e ata sería un tipo lido. Desde logo a súa cabeza daba para iso e moito máis (Gabriel estaría dacordo con esta afirmación, estou seguro). Pero nin Aquilino, nin os seus irmáns Alfredo, Pachi ou Moni, da saga dos Montoya Gabarre, naceran para prosperar. O defunto do seu pai, macarra de profesión e cabrón de afección, encargouse de que fosen outra cousa. O seu destino eran as balas e logo "tocata e fuga de lolita". Sendo o meu amigo e moi pequeno un día desapareceu para evitar o mesmo fin que lle deron a algún membro do clan rival. Non teño nin idea de onde estará, ainda que o imaxino. Sempre quedará este solar, antigo sostén do seu triste fogar, para me lembrar del. Prometi…

Eduardo Hermida = Canido = Eduardo Hermida

Este barrio sempre foi berce de artistas. Hoxe non teño moitas ganas de traballar por iso déixovos con estas imaxes dos Fabulosos Cubatas de Fockink Brothers. O seu cantante, Eduardo Hermida, é de Canido e exerce como tal desde que naceu. Artista polifacético e xenial, combina as artes plásticas, onde é un destacado representante dunha nova xeración de artistas que empeza a situarse nos lugares de cabeza do ranking nacional, coas musicais, onde só vos recomendo que os escoitedes e vexades o vídeo que vos acompaño. Vale a pena. Aposto que se non vistes o seu directo, logo disto tolearedes por saber onde é a súa próxima actuación. Máis información: http://fabulososcubatas.com/index4.htm http://www.eduardohermida.com/

Unha xeración única

Imagen
Só quería despedirme de Carmelo Teixeiro nunhas poucas liñas. A noticia da súa morte encheume de tristura por varias razóns. A primeira porque era unha persoa necesaria, imprescicindible diría eu, para unha sociedade en crise de valores como a que vivimos.
A morte sempre me parece un erro, incluso tendo unha visión transcendente, pero aínda o é máis cando os que se van son xente como Carmelo. Compañeiro do meu pai no movemento obreiro ferrolán, considéroo parte do sustrato co que se formou a miña personalidade, e aínda que a vida levounos por camiños diferentes no sentido físico, non foi así no ideolóxico. Sendo neno rebautizoume, e o seu diminutivo cariñoso acompañoume ata ben entrado en anos. Aínda manteño un recordo indeleble do noso paso pola "aldea fantasma" en Monfero, cando non levantaba máis aló dun palmo, nunha convivencia de familias unidas polo seu sentimento de amor profundo polo mundo obreiro.
Penosa coincidencia a forma en que o destino decidiu levar a estes v…

Urban pra Canido

Imagen
Onte amencín cunha boa noticia. O Concello de Ferrol pode ser unha das tres cidades galegas beneficiarias do programa URBAN.

Urban constitúe a iniciativa comunitaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) en favor do desenvolvemento sostible das cidades e barrios en crise da Unión Europea. O Urban está enfocado a promover a elaboración e posta en práctica de modelos de desenvolvemento innovadores que favorezan a rexeneración económica e social das zonas urbanas en crise. O programa intensifica, así mesmo, o intercambio de información e de experiencias referentes ao desenvolvemento urbano sostible na Unión Europea.

Os programas Urban baséanse nas orientacións establecidas pola Comisión e propón modelos de desenvolvemento innovadores para a rexeneración das zonas beneficiarias, financiando para ese efecto proxectos tendentes a:

1. mellorar as condicións de vida, por exemplo, mediante a renovación de edificios e a creación de espazos verdes.
2. rear postos de traballo a nivel l…

Valorizar o noso patrimonio

Imagen
É evidente que non son arquitecto. Nin falta que fai. Estou convencido que é un colectivo cheo de xente que ama a beleza e intenta conseguir que as cidadaes sexan lugares máis habitables. O que ocorre é que a súa actividade depende dos encargos que lle fan, e iso, amigo meu, significa que un tío, podre de cartos, os visita no seu mercedes cheo de merda (pero cheo de pasta) para dicirlles: "oes rapaz, teño un solar que encher de pisos, cantos máis mellor". E aínda que en principio téntalles a posibilidade de mandalo a tomar polo cú, en canto ven o fajo de billetes de 500 euros que asoma por fóra do maletín se lles pon unha risa tonta e empezan a soltar un fío de babilla pola boca que fai que tornen a radicalmente a súa posición pola de "onde hai que asinar".

A que ven este rollo?, pois aos seguinte. Xoguemos ao xogo das oito diferenzas. Ilústrovos este responso con dúas fotos, só tedes que me dicir en que se parecen e en que non Así de sinxelo. Unha está na miña cid…

Un digno herdeiro do OAR

Imagen
Porque non todo vai ser negativo, tamén temos tempo para o deporte do barrio. Temos a enorme honra de contar cun equipo na liga EBA. O Clube Baloncesto "San Rosendo", que no seu día foi canteira do OAR, é unha das dúas esperanzas de Ferrol (a outra é o Baloncesto Galicia) para recuperar a honra neste deporte na cidade. O certo e que non o teñen nada fácil, a creación das tres categorías LEB son una barreira demasiado complexa para chegar a ansiada ACB, máis contan con unhas categorías de base de luxo. Unha chea de pequenos se preparan para tomar o relevo de Loureiro, Manolito Aller, Saldaña ou Lavodrama (¿por qué te metiches na política con semellantes compañeiros de viaxe?).

Anímovos a faceros socios, vale a pena. Son un auténtico espectáculo, e ben barato. Hai que facer o posible para que manteña a categoría.

Esta é a súa web: http://www.cbsanrosendo.com/news.php