Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2008

A Illa das Flores

Hoxe hai noite de cine. Como de vez en cando temos que facer valer o noso título, invítovos a ver un dos que considero mellores curtametraxes da historia, ou polo menos no campo da sostibilidade.

Se despois de velo non notades nada, seguramente isto non vai con vos, cambiade a Donde estás Corazón ou a Noria. En caso contrario véxovos no foro.

Que o disfrutedes.
Boa Noite

Estreamos foro

Imagen
Despóis de pelexarme cos microchips, o silicio e o java ese do carallo, conseguín crear un foro para este blogue. Unha tarefa que para un cativo de dez ou doce anos lle levaría cinco minutos a min levoume catro horas. En fin, que conseguín crear un foro de debate ad hoc. As estadísticas de este sitio me indican que os usuarios medran exponencialmente, aínda tampoco hay que empezar a botar fojetes. O día de onte trouxo polo blogue o maior número de visitantes reais dende que empecei a contabilizalos, hai pouco máis de mes e medio. Estamos a falar de preto de trinta persoas. Eso para mín é un éxito, aínda que para calquer outro pódelle parecer unha merda. Como non podo sortear un Lexus entre os visitantes, quero agradecerlle a todos os que se toman a molestia de pasar por eiquí coa creación dun foro de debate. A idea é ben pouco orixinal, pero tampouco me podedes pedir moito, pensade que me deben quedar tres ou catro neuronas en pé, e están currando a fume de carozo. Sei que de momento s…

Pablo Cuchara & Suso Trapos, bandidos de lenda

Imagen
Cando de pequenos xogabamos a polis e cacos, a maior parte das pelexas producíanse para repartir o primeiro dos papeis. Pablo Cuchara e Suso Trapos pedíronse o segundo dos roles e aínda hoxe, aos seus corenta e moitos anos, seguen xogando a chourizos.
Houbo un tempo en que Canido tiña fama de lugar conflitivo, cheo de malandríns sen escrúpulos e bandidos comenenos. O certo é que algunha razón tiñan, tamén contábamos cos nosos propios ladróns, concretamente dous, e moi pouco profesionais, por certo. Cada vez que puñan a man para roubar unha botella de gaseosa, un trozo de luna dun bar, un paquete de patacas fritas ou unha bolsa da recadación dun banco -pero só a bolsa por suposto, a pasta nin tocala- entón, nese mesmo instante eran trincados por un rexemento de policía, e ao talego. Así se pasaron os últimos vintecinco anos das súas vidas, entrando e saíndo da cadea por roubar casetes de coche escarallados, paquetes de tabaco medio cheos, cromos de Iribar case novos, condóns usados e o…

¡Mihel non está!

Imagen
Conta a lenda, que hai moitos, pero moitos anos, un grupo de mozos de Canido que manipulaban de xeito bastante inconsciente unha bengala que se atoparon nun barco , fixeron que explotara. O que se podía haber convertido nun drama que hoxe sería recordado cunha necrolóxica, transformouse no cachondeo padre pasados os anos. O certo é que algúns dos presentes naquel momento recordan unha deflagración, moita luz e despois unha onda expansiva que os mandou a todos a tomar polo cu. Ó volver en si e tocarse para ver que seguían neste mundo, moitos deles déronse conta que o corpo estaba enteiro, pero da roupa e do pelo quedaba pouco. Tal foi así, que para voltar a casa máis de un tivo que usar os pantalóns, vinte tallas máis grandes, do pai dalgún amigo, evitando andar en pelotas polas corredoiras de Canido. Miguel "Fontanero", xa falecido por outras causas, volveu a casa e petou na porta. Cando a súa nai abriu dixo "Mihel non está, foi con Valentín a coller chocos", ao q…