Entradas

Mostrando entradas de 2015

Retorno a Insua (Parte I)

Imagen
O sacerdote fregaba lentamente o cáliz co purificador polo mesmo bordo que segundos antes utilizara para beber a mestura consagrada de viño doce e auga, cuns movementos a esquerda a dereita que lle devolvían ese intenso brillo dourado co que podía ver reflectida, con total claridade, a súa face algo deformada polo efecto da curvatura da copa. 
Apenas concluíra esta tarefa case automática, un forte golpe na porta de aluminio e cristal da capela sobresaltoulle o suficiente para, nun xesto reflexo, levarse rapidamente a man ao peito e apretarse coas xemas dos dedos as costelas á altura do esterno, intentando deste xeito calmar o acelerado ritmo que collera o seu maltreito corazón. 
Ao subir a mirada observou, na contraluz da porta semiaberta, a silueta do que parecía ser un home, non moi alto pero ancho de ombros, cunha lixeira caída cara ao seu lado esquerdo que resaltaba ese aspecto canso co que accedeu ao recinto. O silencio da estanza viuse alterado polo chío da sola dos seus zapatos c…

Pablo "Cuchara"

Imagen
Canido [15/03/2015]  Hoxe apareceu morto na súa casa o decano dos nosos bandidos de lenda, Pablo Cuchara, despois de deixar atrás o seu pai, nai e irmán José, que lle precederon no camiño ao alén. 
Un auténtico misterio o do seu aguante. Un físico propio dun campión olímpico, que probou os límites da resistencia non con maratóns seguidos de carreiras a pé e natación, como os ironman, senón con todo tipo de tóxicos, levándoo ate os seus cincuenta e pico anos a unha situación que en condicións normais debería de ter rematado hai décadas. 
A bendita da súa nai padeceu a súa mala cabeza, pero agora seguro que o está a recibir cos brazos abertos, perdoándolle todas as súas loucuras. É curioso, pero o meu irmán sempre dicía que con 18 anos Pablo era o formal do grupo ao que a puta droga transformou nun exemplo moi pouco recomendable para os rapaces, pero con esa auréola de mito ao estilo "El Vaquilla" ou "El Torete".
Adeus Pablo, creo que no teu caso non estarei moi errado …

Aclaracións

Imagen
Canido [08/03/2015]
Non é habitual que faga isto, pero despois dunha conversa informal cun veciño, pareceume oportuno realizar certas aclaracións sobre os últimos artigos que aparecen neste blog.

En primeiro lugar unha cuestión de orde en relación co cambio de plantilla que realicei recentemente na páxina -e que terei que desfacer-  que fixo desaparecer as datas de publicación dos artigos, imposibilitando determinar o momento exacto en que saen á luz, o que está creando bastante confusión nos lectores.

Así creo que debeu pasar co artigo titulado "Que é a Igrexa?", que pese a ter sido publicado hai un ano, a algunha xente pareceulle recente, e que se volvía a insistir no tratado na entrada titulada "Toldo da Tafona e Festas de Canido", escrita a petición dun dos organizadores do devandito evento tamén o ano pasado.

Concretamente "Que é a Igrexa?" foi escrito como contestación a un dos comentarios que realiza un usuario anónimo en relación ao titulado "Tol…

Juan Carlos Monteagudo

Imagen
Canido [03/02/2015]
...tres, dous, un, cero!, e o foguete sae da terra en dirección ao espazo exterior. Dende o cume do Campo dos Peludos, un grupo de mozos observa a parábola descrita polo chispeante obxecto voador ate que unha explosión libera o módulo lunar que levará ao seu ocupante a aterrar, de xeito forzado, sobre o terreo que, na parte baixa da parcela, espera a finalización desta rápida aventura interestelar de escasos dez segundos de duración.
Os xoves expedicionarios corren cara á nave espacial para buscar signos de vida no seu interior. Rompen a deformada plastilina coa esperanza de atopar vivo o saltón astronauta que segue atrapado entre esa pasta azul, mesturada con terra e restos de follas secas. 
Así eran a diario as aventuras que unían un grupo de amigos arredor do enxeñoso Monteagudo. Unhas veces era un foguete, noutras un canón elaborado a partir de tubos de lámpadas vellas, cargados con pólvora artesá a base de clorato potásico, xofre e carbón vexetal, con balística …