Aquilino Montoya

Cada vez que paso por este recuncho do barrio irremediablemente vénme á cabeza Aquilino.
Aquilino é un personaxe case anónimo, supoño que poucos o recordamos e deses poucos algúns preferirían non facelo.
Aquilino, de ter máis sorte, sería hoxe un home de proveito, tería un traballo estable, muller e fillos, e ata sería un tipo lido. Desde logo a súa cabeza daba para iso e moito máis (Gabriel estaría dacordo con esta afirmación, estou seguro).
Pero nin Aquilino, nin os seus irmáns Alfredo, Pachi ou Moni, da saga dos Montoya Gabarre, naceran para prosperar. O defunto do seu pai, macarra de profesión e cabrón de afección, encargouse de que fosen outra cousa. O seu destino eran as balas e logo "tocata e fuga de lolita".
Sendo o meu amigo e moi pequeno un día desapareceu para evitar o mesmo fin que lle deron a algún membro do clan rival. Non teño nin idea de onde estará, ainda que o imaxino.
Sempre quedará este solar, antigo sostén do seu triste fogar, para me lembrar del.
Prometinvos historias de xente do barrio. Esta é a primeira. Mañán máis

Comentarios

  1. Tiña unha irmá, creo, ¿Marina? Montoya Gabarre, a tiven de compañeira de pupitre no Reyes. Recordo que era unha rapaza moi simpática e moi alta. Un día desapareceu da crase e non volvín a saber nada dela.

    ResponderEliminar
  2. A túa memoria é mellor ca miña. Eu tiven máis contacto coa saga masculina pero é posible que houbese algunha rapaza na familia. As veces teño lagunas que non me permiten asegurar si era irmá de Aquilino(Quili, para os amigos) ou de Enrique, que vivía en Alonso López preto de Alarcón, o lado da casa de Virucha.
    Teño que tomar rabos de pasas.
    Saúdos de novo

    ResponderEliminar

Publicar un comentario