José Manuel Souto

O mércores 3 de outubro pasado o barrio perdeu ao seu grande puntal, José Manuel Souto, responsable da Cáritas Parroquial de Santa Cruz e persoa absolutamente comprometida coa causa dos empobrecidos e descartados da terra. Gran compañeiro, amigo e mestre, acudiu á chamada do Señor sen ter abandonado nin un minuto a aqueles que son os seus predilectos, aos que xa lles tiña entregada a súa vida. Non é doado facer unha semblanza dunha persoa que, como José Manuel, traballaba en silencio, nun segundo plano, sen protagonismos. Sen que a súa man dereita coñecese o que facía á esquerda, porque así, nestas condicións, resulta sempre unha narración moi limitada do seu quefacer ao longo da súa vida. José Manuel era un dos últimos expoñentes dese grupo de discípulos directos de Don Gabriel Vázquez Seijas daquela primeira hora dos anos 60. Unha xeración responsable da construción dunha personalidade propia para o barrio, transmitida de pais a fillos e destes aos netos, onde solidari