Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2008

De porcos e rodillos

Imagen
Levo case dous meses fora do barrio e chéganme as novas coma un goteiro.

A última prodúceme unha mestura de vergoña e de noxo. Aínda non saio do meu asombro!.

Como sabedes no barrio non é que esteamos sobrados de iniciativas culturais de certa relevancia. Máis ben son inexistentes. Non pasamos da sardiñada de San Xoan ou dalgún concurso de filloas, que sin menosprecialos, pois teñen o seu espazo, necesitan vir acompañadas de algo máis.

Hai tempo falaba de Eduardo Hermida e do luxo de telo como veciño activo do barrio. Parece ser que eso ten algunhas complicacións, especialmente pola súa condición de artista brillante. Os creadores son sempre incomprendidos, sobre todo no seu propio entorno. Sempre se tende a minimizar a súa obra cando os temos ó lado da casa e tomamos os viños con eles. Xa sabedes, o típico, ¡vaya mierda de girasoles!, e cousas así.

Ten que ser fóra, lonxe destos vínculos afeitivos -por chamarlle dalgún xeito- onde xurde o recoñecemento, onde se xulga a obra e non o seu a…