Entradas

Mostrando entradas de 2010

Árbores de grande porte

Imagen
Urban, Urban, Urban de mi corazón.....
Xa non sei cantos anos hai que escribín sobre o Urban para Canido. Ilusións a borbotóns sobre unha chea de cartos que chegaría para renovar o barrio. Unha chea de anos (case tres!!) escoitando as alucinantes inversións que ían poñer o barrio como "Beverligils", para finlamente escoitar a triste realidade sobre uns proxectos e son para empezar a tremar.
O que aparecía o outro día nos diarios locais incluía, entre outras actuacións, a reforma da Praza do Cruceiro para implantar "árboles de gran porte". O epicentro de Canido ía verse repoboado coma o Amazonas. Creo que están a cazar os monos tití e os orangutanes para que a cousa quede completa. Creo incluso que algún coñecido veciño xa se amosou a favor de doar un par de Pitóns para que a nova selva urbana do barrio teña a súa guinda multicolor. Árbores de grande porte no cruceiro, unha idea que merece un premio. Nin no mellor dos meus sonos pensaría endexamáis nese tipo de vex…

Encrucillada

Imagen
Moitos somos os que coñecemos a revista galega de pensamento cristián Encrucillada, xurdida nos albores da democracia, no ano 1977, a partires das inquietudes de certos cregos provocadas polo Concilio Vaticano II, sendo a semente os Coloquios Europeos Parroquiais, aló polo ano 1966. 
Nos tempos de Monseñor Arauxo, aquel bispo que algúns querían levar ao paredón por "rojo", cando o cambio político era xa unha realidade, nace, e isto é menos coñecido, en Canido na rúa Insua, esta revista que pretendía ser continuación da revista Logos suprimida no 36 polo franquismo.
Foi dirixida inicalmente por Torres Queiruga, cofundada por Xosé Chao Rego xunto cun grupo de cregos de ferrolterra que durante o tardofranquismo estiveron na vangarda da loita contra a dictadura, implicados fondamente no movemento obreiro.
Por aqueles tempos a Domus Eclesiae estaba en plena efervescencia, a mesma Domus que hoxe quizáis vese co mesmo recelo que á xerarquía da igrexa, pero que sendo xustos témoslle qu…

Foros Cívicos

Imagen
Hoxe celebrouse o Foro Cívico adicado ás Novas Tecnoloxías, Enerxías Alternativas e Aforro Enerxético organizado pola Concellería de Participación Cidadá no centro cultural Carvalho Calero. A intensa choiva no exterior  dificultou en parte a asistencia, pero non impediu que un grupo de veciños comprometidos na loita contra o cambio climático donasen parte do seu tempo libre en tentar facer propostas para un Ferrol baixo en carbono.
Eu cheguei alí invitado a aportar o meu punto de vista nunha pequena conferencia na que puiden contar algunhas experiencias nas que participo na miña vida profesional. No meu lado, Camilo Casal da Agrupacion Didáctico-Medioambiental Lapis Verdes, e Xavier Picos, da Asociación Cultural e Medioambiental Picos do Sol. Unha auténtica sorpresa ámbalas dúas. 
Camilo Casal, antigo profesor meu en 2º de BUP aló polo ano 85, segue mantendo a súa grande capacidade didáctica, o seu espíritu de loita e a inquietude medioambientalista de antano. Lúcido e acertado en tódal…

Pensamento de barrio

Imagen
Cando un decide traballar polos demáis, a entregarse a labouras comunitarias, ten a obriga moral de deixar de mirarse para o embigo e pensar no ben común. 
Eso parece de perogrullo, pero non sempre é así. No caso dos políticos, son ben coñecidos os casos de sinvergonzas que deciden apropiarse do que lle corresponde aos cidadáns, ou simplemente dedicanse a facer das institucións públicas os seus garitos particulares nos que caciquear sen rubor para beneficio exclusivo do seu círculo máis cercano.
Eso está así, e aí están os xuices traballando a todo trapo para entrullar un por un a todos esos impresentables, pero eu hoxe non falo desa casta de iluminados, refírome a outros.
Non é grato ver como baixo o disfraz do servizo aos demáis atópanse seres que somentes pensan en sí mesmos e en solucionar os seus propios problemas, feito o cal, abandonan o barco baixo mil excusas de mal pagador. E non é grato cando un o atopa en primeira persoa, cando un descubre o que antes eran simples sospeitas: …

Asamblea dos Orzamentos

Acabo de chegar da asamblea dos orzamentos participativos para os barrios de Canido e Ferrol Vello. Realmente pareceume unha moi boa experiencia. Como non podía faltar, o Serxio, ao que algún día Canido lle terá que rendir homenaxe pola súa adicación permanente e desinteresada.
Unha felicitación para Cidadanía, que levou a batuta cun orde e concerto, moi difícil nestes casos.
Seguirémoslle a pista  ás diferentes propostas para o barrio: saneamento, dotacións deportivas, centros cívicos, asfaltados e un longo etcétera que difícilmente terán cabida no 1.600.000 euros que están en xogo, pero que alomenos é un bó exercicio de desconxestión da política tradicional, a de ordeo e mando.
Esperemos que dunha vez podamos ver iniciarse en Canido algún deses grandes proxectos dos que se fala constantemente pero que non pasan de ser unhas cantas liñas ben ilustradas dalgún diario local.
Mantemos a confianza, pero sempre alerta.
Por certo poucos canidosostiblianos vin por alí. Xa haberá outros momentos.

Orzamentos participativos

O Venres día 23 de setembro, ás 19:00 horas convocouse  a asamblea na que se deciden diferentes obras para os barrios irmáns de Ferrol Vello e Canido, dentro do que se coñece como "Orzamentos Participativos".
Este concepto de xestión municipal é novedoso na nosa cidade, máis non así noutras como Córdoba, onde este xeito de dar entrada aos cidadáns nas decisións que lles afectan directamente leva moitos anos sendo o habitual.
Aínda que non temos demasiada cultura na democracia participativa, na gobernanza e demáis termos ás veces lonxanos para os que temos a tiro de pedra ao franquismo, o certo é que merece a pena apoiar este tipo de iniciativas porque, aínda que podan non estar a gusto de todos, son unha cesión de poder no pobo, en todos nós, que non podemos deixar pasar.
Como a nosa comunidade de Canido Sostible foi invitada, con máis razón aínda. Trasládovos esa invitación e espero que poidades asistir o maior número de compañeiros posible. No lateral tedes acceso a máis inform…

Anticipo das Meninas de Canido 2010

Festas Canido 2010

Imagen
Xa pasou un ano, manda carallo!, e voltamos a estar de patrón. Este ano, con nova directiva na AAVV, temos unhas xornadas sinxelas pero, alomenos, hai algo que celebrar.
Os maios e o toldo permanecen no tempo e iso é algo que se agradece. A única crítica, puro egoísmo pola miña parte, radica no feito de que non recibín o programa por ningunha vía das utilizadas en anteriores ocasións, o que impediu compartilo con todos vós e solicitar a vosa axuda solidaria.
Canido Sostible é, e seguirá sendo, un blog independiente que loitará polo orgullo de barrio que sempre tivemos e polos nosos costumes, coste o que coste e guste ou non guste á crase dirixente. Dito isto, como xa expliquei no foro, espero que todo saia moi ben e que un ano máis nos sintamos orgullosos de ser de Canido.
O programa que está por aí pegado dí que as festas serán deste xeito:
Día 1 de Maio (día do traballo):
Fútbol sala no pavillón do colexio Cruceiro de Canido rivalidade Canido-Portuarios: 5 da tarde Prebenxamíns 6 da tarde:…

Pipo & Alvarito

Imagen
Aproveitando que teño a "bisagra" mal, vou escribir sobre dous persoaxes do barrio dos que xa tiña ganas de falar.
Alvaro Lamas (Alvarito) e Pipo García son probablemente dos músicos máis brillantes e auténticos que criou este barrio. Non sei se iso foi suficiente para amasar unha grande fortuna económica, non creo, pero seguro que a súa bagaxe profesional é envidiada por moitos dos que, gracias a "papuchi", viven en mansións impolutas rodeadas de cancudrulos.
Eu pouco os coñecín, non así os meus irmáns (esa prole!), máis teño un recordo da miña infancia de Pipo como un mozo delgado, sempre ataviado con algún artefacto sonoro ás costas, cun paso longo e rápido e algo cargado de hombros. Non se parecerá nada a realide, pero eso é o que gardo no meu disco duro.
De Alvarito non teño recordos en imaxes, máis si das historias que o comparaban a os grandes monstruos da música. Era un músico mítico antes de empezar.
Co paso do tempo o sonido da steel guitar de Alvarito nos L…

SuperSerxio

Imagen

Dimisión en pleno da directiva AAVV de Canido

Imagen
Sen palabras

Sentenza do Cabanyal

Imagen
Non sei se vos recordades dunha vez na que escribín sobre o Cabanyal, un barrio valenciano que estaba a piques de ser fulminado polas palas excavadoras de Ritísima para facer unha operación inmobiliaria de proporciones descomunais, coa excusa da apertura da cidade ao mar (¡será por mar!).
Ese barrio mantén certas similitudes co noso querido Canido, no sentido de que a pesares de ter un valor histórico-cultural importantísimo, parecía que somentes era valorado polos seus veciños.
Aproveitando a coxuntura, Rita e os Ritipitiflaúticos frotábanse as mans co negocio: vivendas de luxo para ricos preto do mar e os veciños do lugar a rañala por aí (sónavos?).
A diferencia de aquí, un movemento veciñal unido e correoso colleu as súas pácificas armas e loitou para evitar o que eles consideraban un espolio, e sairon victoriosos. O Ministerio de Cultura, competente na materia, coincidiu cos veciños nesa definición das actuacións e paralizou o plan.
En definitiva falar de espolio cultural e falar de …