Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2009

A Sardiñada do Albergue

Imagen
Rebusca que te busca, atopei unha foto máis na que aparece unha imaxe antiga do Albergue, moi probablemente un día da sardiñada. Entre ese grupo de parroquianos temos a Don Xosé, sacerdote de grande recordo para os veciños do barrio, especialmente para os de San Rosendo. Esta foto é, dende logo, unha testemuña da irmandade que sempre reinou entre as dúas parroquias do barrio. Hoxe estamos en época de entrada no verán. As raiolas do sol deixanse ver tímidas pero intensas e con elas as sardiñas, que se preparan para mollar o pan de broa. Nestas datas o barrio estaría deixando atrás as festas patronais, pero cheirando no horizonte unha mestura de sardiñas asadas e leña. Efectivamente as festas quedaron atrás, máis no horizonte non vexo nin sardiñas nin albergue. Algo haberá que facer. Igual é hora de facer máis e escribir menos. Espero que apróxima vez que falemos sexa arredor do lume e cunha sardiña tumbada nun bó anaco de pan de bolo.

Qué sará sará!!!

Imagen
Hoxe estou aburrido e teño ganas de meter un ollo a alguén. A Ver: pito pito gorgorito para a AAVV vai o articuliño. Como xa escribín tres folios e medio no foro, no me vou a extender moito. Mañán ás 11:00 da mañá hai o "Primeiro encontro polo saneamento integral da nosa ría: recuperación da Paria de Copacabana....." no salón do FIMO. O tema necesario, por suposto -A Malata está podre, eso o sabemos todos- máis creo que o plantexamento é totalmente erroneo, ou polo menos parcialmente erróneo, para que non me digan que son o do NON. A nosa ría precisa un saneamento integral que depende dunha depuradora que está en fase de execución e dun colector e bombeo que deben recoller todos os verquidos da cidade que neste momento van ao mar sen o máis mínimo tratamento. A AAVV colleu por bandeira o saneamento do barrio, o que está moi pero que moi ben, criticando ao goberno municipal por esas ideas descabelladas de utilizar os fondos do Urban en cousas tan raritas como un centro de día ou…

Avenida de Remedios López Varela (Reme)

Voltamos á carga. Hoxe estou un pouco máis relaxado despois dunha semana tola de traballo e previa ao que me toca para o que queda de ano. Un fregao que nin vos conto.

Pero ao que imos. Onte saiu publicado na Voz de Galicia un obituario asinado por Ágeles Díez Vilagarcía no que fai un retrato de Reme case fotográfico. Non vou entrar en moitos detalles porque non quero desvirtualo, simplemente penso que debedes buscalo e lelo, vale a pena.

De todo el quérome quedar cunha proposta que deixa no ar e que me parce fundamental: que o nome de Reme permaneza na memoria do barrio dun xeito físico, bautizando unha rúa ou un centro social ou de maiores, como os que se preenden montar no barrio.
Non é para menos.
Dende Canido Sostible solidarizámonos con esa iniciativa e apoiámola. Esperemos que os que deciden estas cuestións manteñan un puntiño de cordura.

Tempo para a reflexión

Imagen
O outro día falaba con algúns de vós sobre o cambio de rumbo que lle tiña que dar a este blog despóis da partida de Reme ao encontro do noso señor. Dicía esto dende a dor que me causou este feito, cando non pasaran máis que unhas horas do seu pasamento. Cando hai un ano e pico estaba no salón da miña casa improvisando un boceto de blog que se ía chamar Canido Sostible, pódovos asegurar que a primeira persoa na que pensei, co permiso dos meus pai e de Don Gabriel, foi en Reme. Así xurdiu ese texto que tedes á dereita chamado "continuando a tradición" que dende o primeiro día acompaña ao meu perfil. Este blog pretendía ser unha homenaxe permanente a ela e a outra xente que traballa polo barrio, non porque necesitasen unha palmadita na espalda nin premios para seguir, que de sobra teñen demostrado que non, se non que máis ben era eu o que tiña a necesidade de canalizar o sentir de moita xente hacia elas, para que notasen o seu alento, para que notasen o moito que se lles quere. Re…

Por Reme

Imagen
Son un afortunado de terte coñecido

O DÍA MÁIS TRISTE DA HISTORIA DO BARRIO

Finou Reme.
Finou Canido.
Son incapaz de seguir.
O Toldo, a nosa homenaxe á súa vida de entrega, suspéndese.
Disculpade as molestias, sei que todos o etendedes.

Empezan os aires de festa

Imagen
Aínda que botando de menos a ofrenda floral á Santa Cruz (Reme mellórate pronto!!) empezaron os aires de festa no barrio. Gaitas, acordeóns taboriles e pandeiretas da man de Caamanho e os seus colegas. A banda municipal, en casi improvisada actuación (somentes eles sabían que ían tocar no Cruceiro), excelente. Un fantástico maio feito polos alumnos do CEIP Cruceiro de Canido anuncia o que virá o Domingo. O tempo acompañando. Os nosos enviados no ceo teñen boa man. Traballando para que a meteoroloxía sexa favorable. Sinxelo, tranquilo. Unhas cañas e uns viños para rematar. ¿Qué máis se lle pode pedir á vida? Ahhhh Canido, como molas!!.