Entradas

Mostrando entradas de 2007

Pola peonalización da rúa Alonso López

Imagen
Poucas zonas de Canido teñen tanta soleira coma o eixo formado entre o Cruceiro e A Tafona. Posiblemente nel transcurriron algúns dos episodios máis importantes da historia do barrio e, sen lugar a dúbidas, se atopan dous dos seus máis importantes iconos: O Cruceiro e o Cristo da Tafona. Ambos monumentos se atopan en dúas prazas humildes pero de fonda tradición para os habitantes de Canido. As berbenas máis sonoras e as luadas máis alegres, que levantaron as ialmas dos veciños coa chegada do un de Maio, se celebraron neses entornos. O Toldo, exemplo de solierariedade entre os veciños, que aportando auténticos manxares de elaboración propia deron unha luz de esperanza a os máis necesitados, naceu vinculado á Tafona e dela nunca debeu desaparecer. Os Maios, a primeira capela onde Gabriel Vázquez Seijas e Alfonso Gil, auténticos apóstoles do mundo obreiro, sementaron os espíritos de moitos de nós loitando contra a marxinalidade á que nos tiñan condeados os que agora nos queren botar do b…

Un saúdo dende Canido

Imagen
Bos días ou noites ou tardes ou... que sei eu!, o que che veña mellor segundo a hora do día en que leas isto (se que o le alguén). Son algo así como o curmán de Rajoy pero pero en cabrón. Si, outro, de Canido. De min asegúroche que non falará nunca, pois a miña mensaxe non lle deixará lugar a dúbidas ¡HAI QUE SALVAR O PLANETA ATONTAO!. Eu, a diferenza do meu curmán, penso que se nos empeza a caer a casa enriba de non coidala. Eu teño a sorte de vivir no mellor barrio do mundo, e xa que polo planeta puco poido facer, vouno a facer por Canido. Como introdución chegou, agora toca empeza-lo traballo de denunciar toda-las agresións que poñan en perigo a sostibilidade do barrio (que non son poucas). Se isto segue por este camiño, penso que non tardará moito en desaparecer o substrato que tanto tempo custou de formar. Temos que impedir que desaparezan os nosos costumes: Os maios, o Toldo, o Albergue de Esmelle, as rúas estreitas, as leiras, as casas baixas, o Cruceiro, a Tafona e o seu Crist…

O noso modelo de barrio

Imagen
Para quen non coñeza o barrio, dicir simplemente que Canido é un núcleo rural integrado no centro urbano da cidade de Ferrol, así de sinxelo, como pode ser San Pedro de Visma na Coruña.

A tendencia actual do urbanismo, mal chamado "moderno", consiste en concibir estes espazos como núcleos a extinguir por absorción da trama urbana. Digo o de "mal chamado", porque noutras lares, con sociedades moito máis avanzadas que a nosa (si moito máis avanzadas, porque non o dubides, hai máis alén dos nosos narices) as actuacións sobre estes núcleos son de tipo conservacionista. Voume a explicar. Cando era un pequeno, eu, do mesmo xeito que todos os colegas do barrio, pasabamos unha chea de horas xogando polas corredoiras do barrio. A nosa vida era unha mestura de críos urbanitas, metidos en pisos e xogando na rúa, e críos de aldea, a dous pasos de casas baixas con horta e galiñas. Roubabamos froita, delito xa prescrito, e nos apedreábamos acotío. A xente vivía con moi pouco (xa …

Con ánimo de ofender

Imagen
Canido ben se merece un blog. Este, o que vos ofrezo como marco para o encontro, pretende devolver a dignidade a un barrio azoutado polos especuladores, destrozamemorias e desalmados varios, que pretenden transformar un barrio tranquilo na terra de Jesús Gil. Tamén me gustaría homenaxear modestamente a tantos veciños que traballaron dura, pero desinteresadamente, por crear un bo sitio para vivir. O cura Gabriel, Quinin e Finuca, Leira e Patro, Colola e Modesto, Correa, Merceditas, Anxo Brea e moitos outros dos que iremos contando as súas vidas sen o seu permiso pero co maior dos respectos e admiración. Que me dicides do albergue de Esmelle?. marcou as nosas vidas. Creo que nos merecemos que se reconduza o noso barrio como exemplo de sustentabilidade (social, económica e medioambiental). Faremos propostas que seguramente caerán en saco roto, pero a máis dun sacarémoslle as cores. Á vosa disposición. Faustino V na terra do clarete.