Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2009

As parchicletas

Imagen
Non entendo como en Canido están as igrexias baleiras. Non o entendo, porque se é por falta de fe, eiquí andamos sobrados.
Se vos fixades na dereita do blog, no apartado de "Novas dos Canidos", cada día aparecen máis referencias ao noso barrio, ao Canido máis auténtico.
As novas que aparecen son sempre iniciativas a cada cal máis molona. Centro de día para o barrio, reforma do Cruceiro, Alonso López peonil, postos de bicicletas de aluguer, parques biosaudables, e un longo etcétera de obras e dotacións para o barrio que non dan chegado.
E nós observando caladiños, cunha fe de tres pares de pinganillos. Unha fe que non é que mova montañas, é que as pon bailando a macarena.
Acabo de chegar dun bautizo na nova igrexa de Caranza, ao seu lado unha a obra a todo meter dun centro de día. Tomamos un jarrillo no Galicia, preto dun centro cívico acojonante. Un posto de bicicletas permite que baixes ao centro sen contaminar por un paseo marítimo dignísimo. Pero Canido, espera que te espera…