Estou convencido que é un colectivo cheo de xente que ama a beleza e intenta conseguir que as cidadaes sexan lugares máis habitables. O que ocorre é que a súa actividade depende dos encargos que lle fan, e iso, amigo meu, significa que un tío, podre de cartos, os visita no seu mercedes cheo de merda (pero cheo de pasta) para dicirlles: "oes rapaz, teño un solar que encher de pisos, cantos máis mellor". E aínda que en principio téntalles a posibilidade de mandalo a tomar polo cú, en canto ven o fajo de billetes de 500 euros que asoma por fóra do maletín se lles pon unha risa tonta e empezan a soltar un fío de babilla pola boca que fai que tornen a radicalmente a súa posición pola de "onde hai que asinar".
A que ven este rollo?, pois aos seguinte.
Xoguemos ao xogo das oito diferenzas. Ilústrovos este responso con dúas fotos, só tedes que me dicir en que se parecen e en que non Así de sinxelo. Unha está na miña cidade de referencia, Aalborg, a outra no meu barrio, no noso barrio. Non notades nada?. Vouvos á botar unha man, en especial aos que sodes arquitectos. As oito diferenzas son as seguintes:
1ª Na cidade da esquerda gobernaron toda a vida unha manada de inútiles, na da dereita non.
2ª Na da dereita consideran que patrimonio non é só unha gran catedral ou un palacio real, tamén o é a arquitectura popular, a dos pobres.
3ª No país da dereita viven que te cagas, pero non visten de Armandi, Juchi, ou Verzotis, tampouco locen coche grande e molón. Van en bicicleta e os niveis de contaminación son escasos. Tamén rinse de nós tódolos días (esta diferencia é de regalo).
4ª Na da esquerda parece que chove, pero están mexando.
5ª A da dereita é un centro de atracción turística de primeira orde.
4ª Na da esquerda parece que chove, pero están mexando.
5ª A da dereita é un centro de atracción turística de primeira orde.
6ª Á esquerda querían vivir os ricos, pero tiñan uns seres molestos que erradicar.
7ª Á dereita está como o primeiro día ou mellor.
8ª A esquerda quédanlle tres afeitados.
A pena é que a os responsables desto, políticamente, aínda lles queda moita barba que cortar.
Comentarios
Publicar un comentario