Entradas

Mostrando entradas de abril, 2012

Festas en Canido

Canido [28/04/2012]
Festas en abril, grupo Alcotán, orquesta Ismael, toldo en martes....hai que acostumbrarse a tanto cambio, pero nada que alegar. Eu que non din picañada na organización e non me vou poñer aínda exquisito coas festas que traballaron outros.
O 29 deste mes recuperase un modelo de festas que parece que moita xente botaba en falta, o da verbena, o cabaliño, o tren da bruxa e o tiro con escopetas de cañón retorto. 
Parece que si non escoitamos chundas chundas, sorteos de "muñecas chochonas", ou non rematamos o día con  "elchachachadeltren", é como se nos faltase algo, como se a festa fose menos festa, e pode ser que sexa así. Eu non son desa idea, pero xa sabemos todos que eu son máis raro que un perro verde.
A min o que realmente me jodería é non escoitar gaiteiros, tamboriles, non ver o cruceiro engalanado, pasar un patrón sen Toldo e non ver rapaces facendo filigranas con flores nesa eclosión de maios no que transforman o noso barrio. Sen Isabel ou…