Eduardo Hermida = Canido = Eduardo Hermida

Este barrio sempre foi berce de artistas. Hoxe non teño moitas ganas de traballar por iso déixovos con estas imaxes dos Fabulosos Cubatas de Fockink Brothers. O seu cantante, Eduardo Hermida, é de Canido e exerce como tal desde que naceu. Artista polifacético e xenial, combina as artes plásticas, onde é un destacado representante dunha nova xeración de artistas que empeza a situarse nos lugares de cabeza do ranking nacional, coas musicais, onde só vos recomendo que os escoitedes e vexades o vídeo que vos acompaño. Vale a pena. Aposto que se non vistes o seu directo, logo disto tolearedes por saber onde é a súa próxima actuación.

Comentarios