Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2008

A Fonte de Insua

Imagen
A fonte de Insua sempre foi lugar de tránsito hacia Copacabana, era o noso pundo de avituallamiento para calmar a sede das longas xornadas na praia. As súas augas tiñan fama de boas, e o certo é que frescas si que estaban.Últimamente padecía un estado de abandono importante que quitaba as gañas de baixar a probar se mantiña as boas condicións de antídoto contra a deshidratación.Por primeira vez en moito tempo se abordou un proxecto de restauración integral desta fonte de lavar -da que colle o nome a unha das rúas de máis soleira do barrio- que culminou, se as miñas contas non fallan, hai máis ou menos un par de anos. O resultado é un bó traballo no que se refire ao edificio que alberga o lavadoiro, un máis que interesante resultado no tocante aos xardíns e contorno, pero non podo decir o mesmo do parque de xogos infantís. Neste tema o proxectista desta área de esparcemento non tivo nin a decencia de lerse a normativa que os regula, que está baseada na familia das normas UNE-EN-1176 e …

Dos "Reyes Católicos" ao "Cruceiro de Canido"

Imagen
Moito che cambian os tempos. Cando estudiaba no, entonces chamado, Colexio Reyes Católicos, tiñamos que facelo en módulos prefabricados feitos merda e o deporte en medio de fango, con porterías a base de mochilas, catro pedras e algún trozo de porta desas aulas en estado semirruinoso.

Antigamente Don Cruz, co seu "¡one, osssss, one, osssss, one, ossss!", e despóis o defunto de Morate, impartían unhas clases de ximnasia que, deus me perdoe, explicaban a media medalla de lata que naquel tempo eran capaces de conseguir nas olimpiadas os deportistas españois.

Non gardo mal recordo da maioría dos mestres, a excepción dalgún con vocación puxilística que utilizaba como esparrings aos rapaces do hospicio, demostrando unha valentía propia dos falanjoides da época.

Eu xa collín mellores tempos, con Fernando, Ramiro, Antonio -que afortunadamente para os cativos aínda segue en activo- e incluso a Don Luis, xustiño no ano que se xubilou.

Hoxe en día os Reyes "Catódicos" foron mand…

O Tunel da Malata

Imagen
Acabo de recibir esta fantástica foto do amigo Antonio Pego, co que, a pesar de levar mantido máis de un combate dialéctico e ideolóxico, por enriba de todo manteño unha afinidade máis que acentuada no amor que sentimos hacia os nosos barrios, A Gándara e Canido. Tremenda fotografía a que me envía, que mostra o Túnel da Malata coas vivendas militares ao fondo e cun trozo da Peninsular Madereira á esquerda. Historia pura do noso barrio. Cantos recordos nos trae á memoria, sobre todo das innumerables expedicións feitas por rapaces de dentro e fora do barrio para cruzalo nas dúas direccións, sempre coa tensión mantida ante os posibles ataques de "Ramiro Fodón" e dos seus famosos cans con tetas de muller, implantadas cos despoxos dalgunha das súas víctimas sexuais. A vespa en primeira liña e un camión subindo a costa que ben puidera ser de gaseosas Lanzós ou dos Quince Hermanos. Mellor imposible. Hoxe facemos unha irmandade coa Gándara. Por unha Gándara Sostible. Opaiiii Antonio P…

Manu Chao é de Canido

Xa sei que nón é de Canido, aínda que non me importaría nada. Manu Chao é parisino, do paggisdelafrans, pero existen lazos que dalgún xeito o unen co barrio.

Eran outros tempos, cando o seu tío, o sacerdote Xosé Chao Rego, pasou pola veciña parroquia de Santa Mariña deixando fonda pegada. Tempos nos que a dictadura non permitía cachondeos, como pronto puido comprobar nas súas propias carnes o parente do xenial músico.

Foi nese momento onde algunhas persoas do barrio, ben coñecidas de min, déronlle apoio lóxístico e humano para facerlle os arrestos máis levadeiros, xogándose con esta actitude o seu propio pelexo.

Cando o pasado venres estaba no pedazo de concerto que deu na Coruña e escoitaba aquelo de "¡Contra o mundo!" acompañado doutros guiños e alusións máis ou menos explícitas a o barrio de Montealto, producíame, en certa maneira, un pouco de envexa insana (non coñezo outro tipo de envexa).

Eu que teño fillos "montealteiros" reconducidos a "Homo Canidiensis&qu…

O Depósito de Canido

Imagen
Llelo debo a un tal "Galiano" que de vez en cando visita este blogue. Realmente esta imaxen é a constatación dun fracaso. Finalmente non conseguín a maldita foto do antigo depósito de Canido e teño que colgar ésta feita recentemente no espacio onde se atopaba. Neste lugar, como sabedes, existía un depósito de auga que, unha vez rematada a súa función acuífera, viña sendo utilizado como sede da asociación de veciños do barrio. Un día a algún espabilado deses que, maldita a hora, de vez en cando dáselles por pensar, pasouselle pola cabeza que o depósito corría o risco de caer e, no canto de encargar algunha proba non destructiva, ordeou mandalo a tomar polo cú. Seguro que tiña a pintura descascarillada ou algunha mala herba, e claro estaba "superfeo poresnupitelojuro". Cando escoitei semellante estupidez casi me mexo de risa. Polo pouco que sei do tema, case nada, tiña entendido que os marxes de seguridade coas que se facían esas obras hidraúlicas non eran de broma. P…

Un pelele en Canido (parte chu)

O pelele vai de paseo pola Rúa Alegre, de paso polo Corral do Chapón. Penso que quere botar un fojete.Coidado con el, é perigoso.

Mala memoria histórica

Imagen
Cánto costa un bote de disolvente? tres euros?, catro como moito.
Non hai servizo de limpeza en Ferrol? Falta presuposto?. Necesitan doazóns?.

Me cabrea pasar cada día pola placa que hai na muralla do antigo cemiterio de Canido, en memoria de tantos e tantos fusilados nese mesmo sitio polo réximen de Franco, e ver que está chea de pintadas sen que ninguén faga nada por evitalo.

A quén lle pode molestar a placa? Quén pode estar en contra de que alguén recorde aos asasinados pola barbarie humana?. Seguramente aos propios asasinos, non poden ser outros. Esos símbolos que acompañan ao manchón son tétrica testemuña.

Canto disolvente fai falla para que se borre a memoria colectiva?. Non hai euros no mundo para pagalo.

Canta pintura necesitades para tapar as vosas conciencias?.

Un pelele en Canido (parte guan)

Esta é a primeira parte dunha largometraxe de tres horas de duración que me encargaron os Pichar Estudios. A trama é complexa, sórdida e intrigante. As persoaxes todas de Canido. Xente sixela desde todo punto de vista. Voume forrar

Avenida do Repolo

Imagen
Parece que por fin empezan as obras de urbanización da Avenida Pérez Parallé, máis coñecida pola Avenida do Repolo.
Hoxe o Alcalde, acompañado de Ágel Mato, visitou a zona, despois de que onte se firmase a acta de replanteo.
30.000 metros cuadrados con seis bloques de viviendas xunto con 9.999 metros (parece un precio das rebaixas) de zonas verdes e un centro cívico.
Soa de puturrú. Vivendas, parques xardíns, centros cívicos e de día, ummmm, que horizonte tan feliz! .
Realmente non coñezo o proxecto, pero seguro que non me vai a gustar. Teño o defecto de ver todo en negativo. Seguro que houbese sido unha boa oportunidade de integrar o vello co novo, respeitando o núcleo antigo de Canido.
É curioso, a cidade da Coruña está a redactar o seu novo plan xeral. Non é que a cidade de cristal se caracterizase históricamente pola recuperación dos seus núcleos rurais, máis ben seguiu unha técnica de exterminio similar a que se utiliza con Canido. Sin embargo ten que ser un arquitecto catalán, Jo…

Merda e máis merda

Imagen
Non serei eu quen ataque dende un bogue de sostibilidade ao mellor amigo do home.
Non serei eu quen ataque ao lexítimo dereito de todos nós a ter un can nas nosas casas.
Sí serei eu que ataque aos animais sen correa que pasean cans polo barrio regando de merda todo espazo polo que pasan.
É algo incrible como se pode ser tan cretino para pasear un animal por un parque infantil, por un campo ou por unha aceira e deixar que bote unha cagada libremente sen dignarse a recollela para que non a pise un pequeno, ou calquera persoa que queira disfrutar do espazo público.

Xa temos os parques e xardíns do barrio bastante escarallados para por riba enchelos de zurullos por todas partes.
O outro día veía uns carteis feitos por alumnos do colexio San Rosendo para concienciar a xente deste problema, e o lado un berzotas cun can botando un cagarro de tres metros. Déronme ganas de facerllo comer.

Menos cretinismo por favor, que estamos no século XXI, que algún está máis cerca do ¡auga vai! que do wc.

¿Moitas…

Lume sobre cinzas

Imagen
A can flaco todo son pulgas. O Canido histórico perece do peor dos xeitos posibles, comido polas lapas e devorado polos saqueadores de última hora.
Dí a noticia da Voz de Galicia que o presidente da asociación de veciños, José Llao, xa tiña avisado ó concelleiro de Urbanismo, Ángel Mato, e máis á constructora de que isto ía pasar, e non lle fixeron nin caso.
Creo que tamén avisou ó lobo para que lle cuidara as ovellas, por aquilo de que non quedasen soiñas as pobres.
Ahhh, bendita inocencia!!.
Creo que me equivoquei xulgando o edil dos ladrillos. Me defrauda día tras día.
O peor de todo é que por riba é do barrio.

1 de Maio

Imagen
Hoxe é día 1 de Maio, día do traballo.Canido e traballo van unidos. Canido e xente traballadora son unha mesma cousa, por eso o noso patrón coincide con esa data (realmente é o tres, pero é unha licencia literaria). O cruceiro de Canido engalanado con flores é algo máis que unha simple tradición, é unha ofrenda das nosas xentes á Santa Cruz.Sempre me sorprende ver esas flores sinxelas, fermosísimas, postas con enorme cariño sobre o símbolo da nosa personalidade, como se aparecesen por arte de maxia, elas soas. Cando as vexo penso que Canido segue vivo, aínda que a luz que tiña noutros tempos parece empezar a esgotarse. Por estas datas empezaban os ambientes de festa, gaiteiros, cabezudos, o "footing da amizade" promovido por Merceditas, os Maios, os chiringuitos, as luces e verbenas, pero sobre todo o Toldo da Tafona. Un símbolo da soliedariedade do barrio do que non me canso de falar.Ultimamente a familia Perille, xenética pura do barrio, facía as veces de sostén desta trad…