Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2014

Qué é a Igrexa?

Canido [06/05/2014]

Voume poñer un pouco meapilas para explicar algunhas cuestións das que se está a falar estos días respecto do uso dos cartos do Toldo, a orixe do Albergue e a súa propiedade, así como esos danos feitos pola "Igrexa" no barrio e no mundo dos que falan algúns.
Empecemos por un concepto básico que habitualmente é mal utilizado, non só por xente que se autodefine como non crente, se non tamén por aqueles que nos consideramos como "practicantes". Estou a falar da Igrexa.
É bastante normal que digamos que a Igrexa fai esto mal, ou esto ben, ou que ten non sei cantos cartos, ou que non queremos dar un peso para ela. Falamos da Igrexa como un ente xurídico, como algo con identidade individual, case persoal, que é mala ou boa, guapa ou fea, rica ou pobre en función dunhas accións concretas ás que cada un de nos, en función da posición na que se atope, é quen de utilizar. 
Un exemplo. Aquel que é enemigo da Igrexa polo posicionamento de determinado sector…

Toldo solidario da Tafona e Festas de Canido

Imagen
Canido [04/05/2014]
Recentemente fun especialmente crítico coa Asociación de Veciños "Cruceiro de Canido" no Facebook, por varias razóns. A primeira e máis importante, polo desprecio mostrado ó monumento que lles da nome, ao dificultar a ofrenda floral coa que as veciñas e veciños do barrio, dende tempos inmemoriais, agasallan á Santa Cruz.  
A outra razón, de carácter menor, pero que explica claramente a primeira, polo nome co que rebautizaron as nosas festas, outorgándolle o protagonismo principal aos Maios, fronte á Santa Cruz de Maio, referente que ás convirte en patronais por ser éste o nome que preside a nosa parroquia.
Este feito, a nivel persoal, desvirtuou totalmente un programa que a priori parecía interesante, con   actividades variadas nas que se evitaron horteradas tipo Paris de Panorama. E digo desvirtuar por estar feito dende o sectarismo, despreciando, por unha cuestión aparentemente ideolóxica, aos veciños e veciñas que cada ano, gracias a un compromiso casi…