Boas prácticas en Canido

Cada vez que paso polo cruceiro e vexo este edificio mexo por min. É o mellor exemplo co que podo ilustrar o modelo de barrio que me gustaría deixar ós meus fillos.
O estado anterior do edificio podía augurar un penoso fin, o mesmo que seguramente lle espera o que se atopa a súa dereita, pero a sensibilidade dos seus donos descubriu unha xoia oculta entre a merda dos seus muros. Espero que este espíritu se transmita ós seus veciños, aínda que sexa por ósmosis.
Ogallá que o cartel de Sanmartín que colga dun dos balcóns do seu triste compañeiro non sexa unha condea a morte sen xuizo. Como en Guantánamo.

Comentarios