Recuperación da Tafona

Catro liñas sobre a Tafona ilustradas por esta litografía.
Pasei hoxe polas obras de reforma desta praza. Digo obras porque non teño claro que estean rematadas xa. Invítovos a pasar por este recuncho do barrio para que me deades a vosa opinión. Suponse que o pavimento que lle deixaron é definitivo?. O enxendro de farois que puxeron a 20 cm das fachadas son para sempre?. Cal é a función do pegote de cemento que hai no medio?. Unha incógnita.
Supoño que todo será un xeroglífico que teremos que solucionar entre todos.
Pouca sorte a nosa cos nosos gobernantes. Espero que o proxecto sexa da era Juncal. A os que están agora supóñolles outro nivel, ou non?.
Varias recomendacións. A primeira, que as prácticas de arquitectura ou de obra civil dos fillos e amigos enchufados dos concelleiros realícenas nas súas casas. Nós queremos profesionais.
A segunda, que creo que hai un dito que di que á terceira vai a vencida. O mellor é tirar todo e empezar de novo. Só hai que fixarse nesta litografía para ver que os nosos avós, sen puta idea de arquitectura, eran máis listos que eles.
É que non gaña un para desgustos.

Comentarios