Entradas

Mostrando entradas de junio, 2009

A fuga de Alcatraz

Imagen
La Voz
20/6/2009

"Dos jóvenes pavos reales del parque municipal Reina Sofía causaron sensación ayer en el entorno de la plaza de la Tahona, en el barrio de Canido, a donde escaparon el miércoles por la noche, según Sergio Perille, miembro de la asociación ecologista Adega. Perille, que vive en el barrio, lideró la misión para devolverlos a su hogar, algo que consiguió, «despois de moito pelear», sobre la una del mediodía, y con la colaboración del encargado del recinto municipal.

Durante su aventura por Canido, los pavos reales durmieron en un tejado, del que fueron expulsados por las gaviotas, relató Perille". Parece que os pavos téñeno claro. Elixen Canido como lugar de residencia. Non sei se pensarían o mesmo os seus tatarabisavós, que caeron nas fauces de Certos canidienses famentos que deron boa conta das súas correosas carnes. Menos mal que temos a Serxio de salvador. Échale guindas al pavo.....

Mestre na memoria

Imagen
Acabo de chegar do choio e, como sempre, con este puñetero estres que non sei quen coño inventou. Normalmente gaña el a partida, máis hoxe creo que se pode ir buscando outra vítima, que eu acabo de recibir unha vacina que vaino manter a raia durante algún tempo.

Estou neste momento absolutamente abraiado. Nunca xamais algo me fixera tanta ilusión como o que están neste momento disfrutando os meus ollos. O mellor agasallo que recibín na miña vida coa mensaxe máis emocionante. O agasallo e a mensaxe, nin máis nin menos, que dun mestre, ou quizais debería escribir MESTRE, con maiúsculas, que é como merece que se escriba.
Nunca fun moi pelota (ou iso creo), e iso sempre provocaba en min unhas reaccións rarísimas cos mestres que me caían ben, precisamente para evitar que se me acusase dese defecto que tanto repudiaba nos outros compañeiros. Pero agora, pola contra, coa tranquilidade que da o tempo, si que podo falar ben dos que o merecen, e non perdo a ocasión de facelo neste blog. Manter …

José Alonso López y Noval

Imagen
Moito levamos falado da rúa Alonso López e da nosa reivindicación como zona peonil. Tamén escoitamos da súa condición de rúa Real de Canido e de eixo do desenvolvemento do barrio.
Pero o que non tanta xente sabe é quen era ese persoaxe que bautizou a nosa rúa máis querida. Para documentar o tema, e recomendar de paso unha lectura interesante, vou coller literalmente o que del fala o libro "Ferroláns" de Guillermo Llorca Freire.
José Alonso López y Noval "Nace o 2 de novembro de 1763 no ambiente ilustrado da capital departamental, cando o pulo acadado pola construcción naval atrae a esta poboación a grandes técnicos e artistas. En 1786 ingresa como piloto da Real Armada e cinco anos despois é destinado ó Observatorio Astronómico da Academia de Gardas Mariñas da súa cidade natal. Durante doce anos exerce nela como profesor de Matemáticas.
Co principio da nova centuria é comisionado polo Arcebispo de Santiago para levanta-lo plano xeográfico e estadístico da Arquidiócese. En …

The tennis "clab"

Imagen
Canido sempre foi un barrio bastante bipolar. Por un lado estabamos os veciños de toda a vida, vivindo nas casa de toda a vida, xente traballadora e fillos de traballadores. Por outro lado tiñamos un "Beverligils" no que vivían (e viven) unha chea de millonarios, descoñecidos para a maioría de nós, encerrados nos seus bunkers dourados, botando peidos con olor a Channel nº 5. Esa é a casa de Fefé a muller de Cocó, filla de Cuscús e neta de Loló, dos de Filiuza, os que tiñan a fábrica de cordones de zapato. Xa sabes, non?. En fin, nin puta idea. Por moito que me contaran, eu, nin puta idea. Os que vivían nesas casa de muros altos eran, para resumir, unha panda de pijos. Pero pijos, dos de verdade. Pijos pata negra. Nese mundo bipolar, atópase o Tennis Club. O Tenis Clab, mellor dito. Coa boca aberta, pegando os labios e separándoos cun soplo forte de aire, "clab". Como clap, pero con b. Que se note que a profesora nativa fixo o seu traballo. Como sabedes, ese "clab…

Eleccións iurupeans

Interesantísimas e emocionatísimas. Barbapapá contra Donsensato.
Para continuar co aburrimiento previo ao verán.

Creo que así conseguiremos batir o mínimo histórico de entradas.
Ánimo.