Entradas

Mostrando entradas de abril, 2009

A quen representa esta AAVV??

Vecinos de Canido cuestionan el Plan Urban de Irisarri
Martes, 28-04-09
PILAR FUSTES
FERROL. «Sorpresa, asombro y/o desconocimiento». Estas tres palabras describen el sentimiento de los vecinos del barrio de Canido (Ferrol) ante las intervenciones que el actual alcalde, Vicente Irisarri, pretende realizar en la zona como parte del Plan Urban. Rita Gil Rey, en condición de presidenta de la Asociación de Vecinos Cruceiro de Canido, expresó, mediante una carta dirigida al regidor socialista, la «sorpresa» de la comunidad al enterarse de las modificaciones del Plan Urban a través de la prensa y no por boca del propio Irisarri.
En el escrito, Gil señala su «asombro» al comprobar que el gobierno en minoría considera «más importante un parque arqueológico en el Baluarte» que la reiterada petición de una red de saneamiento, incluyendo infraestructuras de recogida de aguas fecales, con la «consiguiente mejora higiénico-sanitaria».
La asociación considera que no cuenta con información «coherente», p…

Coidado coa gripe porcina

Imagen

Previsións para o Toldo

Imagen
Como sabedes, aproxímase o día da celebración da nosa máis fonda tradición dentro das festas patronais, o Toldo da Tafona.

O Domingo día 3, Deus mediante, celebraremos en comunidade a degustación solidaria dos alimentos e bebidas suministrados polos veciños para unha boa causa, a axuda aos máis desfavorecidos do barrio (que os hai).

Como xa falamos en outras entradas, é necesario materializar esa axuda. Moitos de vós xa mostrastes o voso apoio, pero fai falta moito máis, porque corremos o risco de ter toldo, pero baleiro.

Por elo, e co fin de facer as necesarias previsións, os que queirades amosar o voso amor polo barrio dun xeito concreto, prégovos que me remitades un correo indicando o contido da vosa axuda, algo así como: "Conta comigo, levarei vinte sacos de ostras".

Evidentemente esto é unha coña, non fan falla ostras nin percebes (aínda que non lles faríamos ascos), calquera cousa por humilde que vos pareza vale. Moitos poucos fan un moito.

Este é o momento de amosar o…

As rapazas de ouro

Imagen
Hoxe, cando tanto se fala das inversións que dunha vez parece que se van a facer no barrio con motivo do Urban, como o da pretendida construcción dun centro de día preto do Parque Raiña Sofía, pareceume unha boa ocasión para lembrar a laboura, pouco recoñecida, das nosas rapazas de ouro no local parroquial de maiores da rúa Alonso López. Algunhas delas xa non están no mundo físico, no das dores de xeonllos e de cervicais, máis a súa entrega e bo humor sobrepasa toda dimensión espacio-temporal, manténdose viva dunha para outra como fan as fichas de dominó neses espectáculos televisivos que tanto lle gustan aos ianquis. Colola, Merceditas e Juana en primeiro plano, Reme, Fina Chao e Patro por detrás, demostrando o que non me canso de dicir, que os de Canido levamos a festa posta e que non necesitamos os cartos de ninguén para pasalo ben. Aí as temos nunha de tantas actuacións no seu Broadway particular ante un público totalmente entregado que nese momento se esquencía das pastillas para …

Solierariedade co Toldo

Imagen
Estimadas veciñas e veciños do barrio, como parecía cantado, finalmente o Concello de Ferrol considerou innecesario o reparto de burmarflash entre dez ou doce cativos do barrio e limitou o seu apoio ás festas de Canido a catro paquetes de kikos e cinco regalices. Ante semellante despilfarro en tempos de crise, os veciños do barrio, solidarios como sempre, decidimos que é mellor que o consistorio non faga ese esforzo fora de serie pola recuperación das nosas máis fondas tradicións, e que dedique a súa axuda en mercar supositorios de glicerina para mellorar ese estreñimiento que parece dominar aos nosos gobernantes nos últimos tempos, o que en román paladino significa que o poden meter por onde todos sabemos. Eso supón un pequeno contratempo no programa deseñado por Eduardo Hermida e Tonecho pois faise imposible a contratación dos grupos previstos e máis o escenario correspondente, máis por nada do mundo sucederá o mesmo co noso TOLDO e os MAIOS, sempre que os veciños fagamos un esforzo…

Festas de Canido

Imagen
Esperemos que non se cumplan os malos agoiros que nos chegan sobre as dificultades que están tendo os impulsores da recuperación das festas de Canido, Eduardo e Antón. Parece que as axudas do concello xa chegan para pagar as pipas e os chupachús para media ducia de rapaces. Algo é algo, igual dentro de nada xa lles podemos comprar un "burmarflash" de limón.
Estamos en crise, que lle imos facer. Nos quitan o parque biocaralletas a última hora, e parece que queren facer o mesmo coas festas. Pero a mal tempo boa cara, como a que teñen os cativos desta foto. Vexo bastantes caras coñecidas, por certo. Eran tempos de festas nas que o traballo dos veciños era máis importante que os cartos. Tempos nos que catro telas e cinco paos, misturados com imaxinación, daban máis de si que os cartos que pretende aportar o Concello de Ferrol, tan miserable como sempre. Tempos nos que o/a noso/a amigo/a EPTL participaba activamente e agora é una fonte interminable de documentos gráficos como o que …

Dangerous People

Imagen
Very pero que very dangerous eran estos mozos. Ji ji ji, ja ja ja, aí os tedes, escarallándose de risa do pobre fotógrafo, como se a vida fora somentes eso, cachondeo. Qué pouca seriedade, así vai o mundo!. Non pensaban en nada máis que en pasalo ben, pero ¿e os pobres do mundo?, ¿a fame?, ¿as guerras?¿os palillos de Ramiro?¿as anacondas do outro?. Nin puto caso. Non lles importaba un carallo. Qué falta de sensibilidade pola política mundial, a macroeconomía, o Reales Decretos, a Bolsa, os Premios Nobel, nada de nada. Aínda que vos pareza mentira non lían o Financial Times nin de casualidade. Incrible!. Tremenda Banda del Mirlitón, con esos antecedentes, seguro que terminaron todos en Sing Sing. Foto: El Gallego en la Luna

¿Que hai de novo, vello?

Imagen
Bueeeeeeno, bueeeenno, unha semana de viaxe non está mal, non?.
Unha viaxe bastante vinculada á ruta da Plata, que pasou por Puebla de Sanabria, Bragança, Zamora, Salamanca e o Val do Jerte en Cáceres. Por suposto non se trata de dar envexa, que podería (pois son terras dignas de ser recorridas a pe), se trata como sempre de buscar o vínculo co noso barrio. Un vínculo, ou máis ben, unha relación que apareceu de súpeto cando visitábamos a magífica ciudadela de Bragança en Portugal.

Esta cidade vella e amurallada (sónavos?) é un auténtico museo habitado. Parece de conto, totalmente recuperado e mimado polas autoridades locais, igual que o resto da cidade, onde é imposible ver un papel ou unha cagarruta dun can en todo o entorno urbán. Pois dicía que cando andábamos polas rúas de paseo, flipando por como tratan o patrimonio os nosos veciños do sur, eses que en tempos considerábamos subdesenvolvidos, atopeime coa copia casi idéntica dun dos rincones desaparecidos do barrio, este que vos amo…