Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2015

Juan Carlos Monteagudo

Imagen
Canido [03/02/2015]
...tres, dous, un, cero!, e o foguete sae da terra en dirección ao espazo exterior. Dende o cume do Campo dos Peludos, un grupo de mozos observa a parábola descrita polo chispeante obxecto voador ate que unha explosión libera o módulo lunar que levará ao seu ocupante a aterrar, de xeito forzado, sobre o terreo que, na parte baixa da parcela, espera a finalización desta rápida aventura interestelar de escasos dez segundos de duración.
Os xoves expedicionarios corren cara á nave espacial para buscar signos de vida no seu interior. Rompen a deformada plastilina coa esperanza de atopar vivo o saltón astronauta que segue atrapado entre esa pasta azul, mesturada con terra e restos de follas secas. 
Así eran a diario as aventuras que unían un grupo de amigos arredor do enxeñoso Monteagudo. Unhas veces era un foguete, noutras un canón elaborado a partir de tubos de lámpadas vellas, cargados con pólvora artesá a base de clorato potásico, xofre e carbón vexetal, con balística …