Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2008

Afundidos

Imagen
Aínda que Ferrol é terra de mariños, parece que escasean políticos que seipan levar un barco. Estamos fodidos, non levantamos cabeza. Teño que confesar que pensei que esta lexistaltura era a de Ferrol. Despois de dez anos de esplendor vendo como todas as cidades e pobos, con independencia do seu color político, se desenvolvían a todos os niveis, por estos lares unha manada de borregos que non sabían qué facer co timón do goberno municipal, perdían unha tras outra todas as oportunidades para facer de Ferrol a cidade que todos esperábamos. A inestabilidade política patolóxica que reina no concello vaise contaxiando de corporación en corporación cuns síntomas que van dende a estupidez absoluta ate a inoperatividade levada ao seu grado máis elevado. Xardíns sen ningún coidado, rúas e aceiras propias de Uganda, talas absurdas, monumentos de debuxos animados, obras ridículas, sentidos de circulación pensados co cú, cascos históricos abandonados, barrios terceiromundistas, metres noutros lares…

Aniversario

Imagen
O Tempo pasa máis rápido do que quixeramos. O día 20 de Novembro Canido Barrio Sostible cumpre un ano. Todo empezou cun proxecto de blog en probas, medio de coña, ate que un día comprobei que entraba xente que coincidía comigo na idea de barrio.
Hoxe, casi esgotado o primeiro ano, os datos de visitas do blog son desiguais, chegando nestes últimos tempos ás mil visitas mensuais, probablemente coincidindo cunha eclosión de visitantes atraídos polas Meninas de Eduardo Hermida.
O foro está pasando momentos de sopor. Creo que xa cumpliu a súa función e haberá de refundalo ou darlle carpetazo. Respecto ao blog, creo que chegou ao límite que se pode esperar dun espazo pensado para un grupo relativamente reducido de defensores dun modelo de barrio a piques de desaparecer. Cando quedan trinta días para cumprir un ano de existencia, creo que é un bo momento para replantexar o futuro do blog. Estou seguro que Canido merece que siga, pero é necesaria unha participación maior. En fin que de vós depen…

A golpe de serrucho

Imagen
Nunca soupen moi ben se o parque Raiña Sofía pertence a Canido ou a Ferrol Vello, aínda que para min sempre foi unha especie de extensión do "Campo dos Peludos" ao que acudíamos como quen acude á finca dos seus pais.

Nin "Geyperman" nin "Pulgarcito" evitaban que fixeramos cafradas polo medio dos eucaliptos monumentais ou perseguíramos ate a extenuación aos pobres pavos reais.

Eses pobre árboles viron transcurrir a historia recente por medio de mítines, actuacións de Gorgorito e Chacolín, cen mil concertos de todos tipos, sardiñadas e festas do un de maio, en definitiva, toda sorte de aglomeracións humanas sen que endexamáis lle causasen o máis mínimo dano a ninguén.

Hai poucos anos sufriron o primeiro ataque por ese enxendro de parque de auga que non sei a quen se lle ocurriu meter aí estando como estamos escasísimos de espacios verdes na cidade. Noutro lado sería unha idea xenial, máis nese lugar é un despropósito.

Non é que sexa defensor dos eucaliptos, nin…

A Illa de máis-a-terra

Imagen
Este é o camiño da Illa de Máis a Terra. A casi ninguén lle soará nin creo que consigades atopala, pero eso agora non importa.

É posible que vos pareza unha foto vacía, máis nela, se vos fixades ben, como só son capaces de facer as xentes de Canido, vai Leira, tranquilo cunha fouce, cara á súa querida "Chousa".

O tempo está parado, os reloxos son innecesarios, cada paso é un metro menos para chegar ao que Leira considera a felicidade plena.

Un raio de sol entre as pólas das árbores, un xílgaro que o saúda, as follas desordeadas e resecas van marcando o palpitar do camiño, curto, pero de infinita beleza que o conduce ao seu paraíso.

A soidade da illa, o fuxir do barco salvador, foron unha constante en Leira. O anonimato máis absoluto nunha vida entregada aos demáis. Éxito e fracaso unidos das mans, facendo a onda ao paso dun veciño que nunca quiso aparecer, estando sempre presente, na súa pelexa diaria contra a necesidade, a inxustiza e a pobreza de espíritu.

A Illa de Máis a Terr…