Un digno herdeiro do OAR

Porque non todo vai ser negativo, tamén temos tempo para o deporte do barrio. Temos a enorme honra de contar cun equipo na liga EBA. O Clube Baloncesto "San Rosendo", que no seu día foi canteira do OAR, é unha das dúas esperanzas de Ferrol (a outra é o Baloncesto Galicia) para recuperar a honra neste deporte na cidade. O certo e que non o teñen nada fácil, a creación das tres categorías LEB son una barreira demasiado complexa para chegar a ansiada ACB, máis contan con unhas categorías de base de luxo. Unha chea de pequenos se preparan para tomar o relevo de Loureiro, Manolito Aller, Saldaña ou Lavodrama (¿por qué te metiches na política con semellantes compañeiros de viaxe?).

Anímovos a faceros socios, vale a pena. Son un auténtico espectáculo, e ben barato. Hai que facer o posible para que manteña a categoría.

Esta é a súa web: http://www.cbsanrosendo.com/news.php

Comentarios

  1. Ainda macordo de neno cando ibamos a o pavillon de San Rosendo a ver xogar o equipo aficionado con aquel Miguel Loureiro, Miguel Castaños, Rilo, Rafa Loureiro, etc. e todos os nenos touleabamos a berridos de Sendo, Sendo, Sendo. Un saudo e unha perta.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario