Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2009

José María

Imagen
Un día, cando todo parecía parado, sen vida, sen actividade, apareceu polo foro un tipo que dicía vivir en Asturies pero que era Canidiense de pro, máis concretamente dos territorios do Corral do Chapón.
O tipo deuse en chamar José María, aínda que eu creo que era un seudónimo. Realmente se chamaría algo así como Frodincio Pendoncio de la Madonia Enfleutada, pero para simplificar....
O carallo é que en poucos días deixou rexistrada media historia cañí do barrio, con detalles imposibles de recordar polo meu cerebro de chorlito, pero tal como chegou foise.
Aínda hoxe é record de entradas na nosa tertulia virtual pese a levar escapado uns cantos meses.
Esta aparción, pantasma ou como queirades chamarlle sabía máis de Canido que todos xuntos, pero pese a que nos facía disfrutar como enanos coas súas historias, un día, sen ruido, apartou as teclas e cambiounos por Fachebús, ou similar.
Os máis pesimistas pensan o peor, que xa non entra por razóns de forza maior, máis eu creo que se liou con Ait…

"Peque" por sempre

Imagen
Para Geluca, Nando e demáis familia do noso querido amigo Peque.
Sempre estará na nosa memoria o seu sorriso contaxioso e o sentido do humor fora do común deste auténtico persoaxe canidiense que hoxe nos deixou.
Foise máis cedo do que a súa idade lle correspondería, máis esas cousas non entenden de matemáticas.
Descansa en paz coa total seguridade de que o seu espíritu segue vivo para sempre.
Ate logo, bo amigo

O Recordo das Meninas de Canido 2009

Imagen

Meninas de Luxe

Imagen
Finiquitada unha nova edición das Meninas de Canido. Xa hai un ano (¡como pasa o tempo!) que esta iniciativa de Eduardo Hermida nos deixaba a todos con ganas de repetir, con ganas de que esto tivese unha continuidade que hoxe veuse materializada cun repertorio de auténtico luxo.

Non son comparables ambas edicións, porque a primeira sempre é a nai das seguintes. Para un inexperto coma min, o nivel de este ano pareceume excepcional. As meninas curradísimas e dignas de ser expostas nas mellores galerías de arte ou de formar parte da cúpula da Capela Sixtina.

A incomparable e imprescindible gaita de Tonecho Varela, o descubrimento de Rubén Coca como un director de caer de cú. A sensibilidade de Cristina Montero, que deixou á xente coa boca aberta. Al Vila e Roger de Flor que deben estar encantados con Operación Triunfo, vendo como inútiles da música se forran mentres eles, cunha calidade fora de toda dúbidas, teñen que traballar a reo para pagar a hipoteca ou o alquiler. De Alberto Pérez p…

Véspera das Meninas

Xa chegan as Meninas. Veñen pola Porta de Neira e xa se están repartindo os espazos do noso barrio para inmortalizarse.

O programa xa o coñecedes, pero volo recordo por si as moscas. Estou desexando escoitar a Alberto Pérez soando polo barrio na súa maxistral versión da "Tormenta" de Brassens.
Mañá nos vemos, esta vez sen porcos e sen rodillos.
PROGRAMA

10:00 - Recepción ós artistas e distribución de espazos.

12:00 - Pasarrúas tradiciónal - Os Xotas.Música con Antón Varela. 12,30 - Danza contemporánea a cargo de Cristina Montero.

14,00 - Descanso. Comida para os artistas.

17:00 - Taller infantil de pintura. Organizado pola Asociación de Veciños de Canido.Pasarrúas con Berros do Castro 20:00 - Danza contemporánea con Cristina Montero.

21:00 - Curtametraxes de Rubén Coca

21,30 - Concertos - Música.
Al Vila Roger de Flor Alberto Pérez Todo el largo verano Carrero Bianco