Entradas

Mostrando entradas de enero, 2011

Canido Calidade

Imagen
Empezámolo ano, e é hora de facer un balance do 2010. Pouca cousa que dicir. Cun par de liñas creo que sería suficiente, pero vou escribir catro ou cinco.
A nivel inversor, migallas. Creo que nin vale a pena meterse en explicacións das catro chorradas que se fixeron ao longo do ano. A estrela é a rúa Pérez Parallé que segue sen inaugurarse, tomada polos veciños á espera de que o concello teña suficiente autoridade para facerse escoitar pola empresa constructora que a executou moi malamente. A rúa Celso Emilio Ferreiro foi obxecto dunha actuación de mellora, a construcción do parque biosaudable en San Rosendo e un par de contenedores que se puxeron por aí, son a pobre bagaxe no barrio. Eu polo menos non lembro moito máis, se alguén me refresca a memoria con algo que se me esquencera, agradezoo.
No eido asociativo o máis reseñable é a nova directiva para a A.VV de Canido, que mudou por completo por razóns que moitos intuimos. Un novo grupo de persoas para defender os intereses da nosa …