Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2009

Programa das Festas de Canido 2009

Imagen
Acaba de colgar Gilberto no foro o programa das festas de Canido 2009. Entendo que se trata dun documento provisional máis, á espera de recibir o definitivo, entendo que debo poñelo á disposición dos veciños neste blog do barrio. Como sempre, gracias pola información recibida. Descárgate o programa completo

O Campo dos Peludos

Imagen
Levaba tempo querendo falar do Campo dos Peludos pero non atopaba nin o momento nin as ganas. Sonche un vago, que lle vou facer.

Pero aproveitando que estou disfrutando dunhas merecidísimas minivacacións (toque de humildade que non falte) pegueime un percorrido fotográfico polo barrio para actualizar o arquivo que tedes á dereita do blog. Son fotos de mala calidade, pero que serven de recordatorio para os veciños que viven fora.

Nunha desas voltas pasei polo que queda do Campo dos Peludos. Digo o que queda porque o temporal fixo estragos nel, derribando ás súas árbores como auténtico castelo de naipes.

O Campo dos Peludos atópase fronte do Parque Raiña Sofía, e supoño que recibe o seu nome, pola súa pertenza ao exército de mar, cuxos membros eran coñecidos en tempos por "peludos", debido ás melenas que exhibían debaixo dos lepantos.

O campo está composto de dúas plataformas: unha superior, onde xogábamos ao fútbol, ao escondite a quedas ou o que cadrara, por ter o chan de herba,…

Unha ría podre

Imagen
Aínda que pareza mentira, de vez en cando paseo polo barrio. Case sempre disfruto como un enano polas corredoiras por onde xogaba de cativo facendo tortillas de patacas en medio dos campeiros. Onte baixei ate o paseo marítimo, onde o parque biosaudable, e fun bordeando a costa por onde antes se atopaba o campo de fútbol, o desguace e máis adiante, Copacabana. Nunha desas paradiñas que fas para recuperar aire entre acelerón e acelerón, baixei ate a lámina de auga para recordar vellos tempos, por exemplo cando ensinábamos a nadar aos gatos, para demostrar que se equivocaba quen dicía que foxen do líquido elemento como alma que leva o demo. O único estilo que non conseguíamos que dominaran era a mariposa. O resto nin Mark Spitz. Pois nesas estaba cando me din conta que a Ría, na zona da Malata está morrendo. E cando digo morrendo refírome xustamente a iso, caput, sen volta atrás. Si nos tempos do Urquiola a cousa andaba mal, agora está de agonía. Os verquidos como o que pretendía mostrar n…

Lolo Huertas

Imagen
O outro día dixen que non tiña intención de publicar máis necrolóxicas, pero non sei se vou ser capaz de cumprir a miña palabra. E dígoo, porque o día 15 deste mes cumpriuse un novo aniversario da partida dun dos personaxes do barrio ao que máis aprecio lle tiña, Lolo Huertas. Eu son de natural despistadísimo, e me esquezo habitualmente de todo tipo de datas sinaladas, incluso dos meus cumpreanos. Isto, como vos imaxinaredes, me ocasiona máis dunha situación incómoda, especialmente coa parenta. Sen embargo dificilmente me pasará co 15 de marzo, porque o noso bo amigo Luís xa se encarga de lembrarma cada segundo, cada minuto, cada hora, cada día e cada ano que pasa, como un reloxo programado para manter viva a memoria de Lolo ata que o destino, nun futuro esperemos moi lonxano, decida reunilos. Pero bueno, non vou repetirme. Xa falei do papel xogado por Lolo na vida de Luís. A xente que tivo contacto con eles saben do que falo. Nin o mellor dos irmáns, nin o mellor dos pais. Así de re…

Día Negro

Imagen
Vaia día que levamos. Mentres estaba avisando no foro da morte do meu amigo Pedro "Picaña", o tolo maxistral do que xa falei hai algún tempo no blog, chegábame a noticia do pasamento de Gerardo García Pardo, fundador do Clube de Montaña de Ferrol e tamén veciño do barrio.

Ambos deixarán fonda pegada en todos nós. Do primeiro, de Pedro, botarei de menos as súas sempre frescas noticias sobre o Racing de Ferrol e a súa conversa surrealista pero fiel. Non estou triste, creo que chegoulle a auténtica felicidade, a que non tivo a sorte de atopar neste puto mundo.
De Gerardo coñecín a súa figura paseando polo barrio xunto ao seu can, máis non o tratei moito persoalmente. Sabía del porque é desa xeración que fixo o mundo, ese que estamos disfrutando todos nós coa idea de que apareceu da nada, como os fungos e os cogumelos. Máis non é así, fixeron falta precursores como Gerardo que con iniciativas innovadoras permitiron multiplicar unha oferta de actividades deportivas de ocio que en t…

Sigo co trauma

Imagen
Non levanto cabeza. Sigo co trauma das eleccións de hai unha semana, e xa incluso dubido se necesitarei axuda especializada. Espero que non.
Xa sabedes que eu escribo por arroutadas, e me acaba de dar unha ao ver a foto que subiu Gilberto ao foro na que aparece o noso mestre común, D. Antonio, e ao seu lado, xunto a outros veciños do barrio, Francisco Rodríguez, membro da executiva nacional do BNG. Ao velo, todo o que levaba andado quedou desandado. Outra vez recordos e máis recordos.
Pasoume pola cabeza a imaxe de Anxo Quintana e o iate, a Feijoo coa súa cara de Woody Allen amargao, Touriño decindo adeus con cara de circunstancias, e eu como un pánfilo mirando os resultados electorais no blog cun PP que se meneaba entre os 39 e os 40 diputados. En fin, mellor que siga a vida.
As disputas internas no BNG non tardaron en aparacer, como é lóxico e sanísimo, e a voz de Beiras, non sei se oportuna ou non, pedindo a cabeza do "Comodoro" Quintana. Eu persoalmente estou dacordo en que…

Coa cabeza fría

Este non é un blog de política, máis eso non quita que de vez en cando tratemos o tema con un pouco de "mala leche".Porque os políticos para eso están, para darlles caña. Vai no soldo, como o coche oficial, a secretaria e os pelotaris. Tampouco ven a conto falar dunhas eleccións que aparentemente non nos afectan moito, pero se non o saco de encima estoupo.

Eu non son un analista político, nin o pretendo, pero non por nada, porque os políticos non merecen que eu perda o tempo facendo análisis de ninguhna clase, sobre todo cando van sair todos co colesterol e os triglicéridos ben altos.

O caso é que aínda hoxe non son quen de ver como se pode devolver un goberno á dereita con esta facilidade, con esta irresponsabilidade, tendo en conta as que levaban feito Fraga e os seus acólitos. Eu creo que con ir aos despachos tódolos días a xogar ao parchís xa chegaba para gañar outros catro anos, pero non, tiñan que ir en barco con un millonario. Gústalles vivir ben e ao carallo!.

É incribl…

Sigue as eleccións en Canido Sostible

Idea copiada dos colegas de libertadbajofianza.blogspot.com