Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2008

Gabriel Vázquez Seijas: Memoria de Vida

Imagen
Son xa algúns de vós que me preguntades polo libro póstumo de Don Gabriel editado pola xa desaparecida Fundación que levaba o seu nome.

Eiquí o tedes, chámase "Gabriel Vázquez Seijas: Memoria de Vida", así de sinxelo.

Os seus promotores foron as súas irmáns e o seu grande amigo Segundo.

O libro estructúrase en varias partes. En primeiro lugar unha introducción feita polo entonces Concelleiro de Cultura, Bonifacio Borreiros, por Monseñor Gea escolano e o propio Segundo.

Na segunda parte, a homenaxe, se recollen diferentes testemuñas de algunha xente moi achegada, como Segundo, as súas irmáns, Alfonso Gil (sen dúbida o seu discípulo), Miguel Ágel Araújo, Ramón Echarren, Manuel Mejuto, Xosé Francisco Delgado Lorenzo, Jaime García, Ramón Antonio López, Sor María Carmen Villar, Fernando Vila Segura, José Rey Kochinke, María das Dores Arribe, Xaquín Campo Freire, Manuel Santalla, Bernardo González, José Seoane y Amalia Rodríguez, Monasterio de Benedictinas de Cuntis, Rosario Cudillero…

Pedro "Picaña"

Imagen
Estoume convertindo nun auténtico experto en fútbol. Nunca antes me enteiraba de como ían os equipos galegos na liga, ate a aparición do meu comentarista particular, Pedro "Picaña", única persoa, que eu coñeza, que pegou un dente con "supergén", para evitar que unha moza se dera conta de que rompera un piño. Pedro "Picaña" sabe de fútbol porque devora fútbol a todas horas. Pases cando pases por debaixo do seu balcón, sempre escoitarás unha radio a 150 decibelios que dice "..el rrrrracinnnng de saaantannnnderrr golea al viiiiiiilllaarrreallllllll por cuaaaatrrroooo goooolessss...", e cando non é así, aparece entre as cortinas, xusto no momento de abrir a porta do coche, como si tivese un sexto sentido coma un jato, para decir: "¡Es muy joven!, le falta experiencia, tiene que madurar!". Despois de tres minutos improvisando uns coñecementos futoboleiros dos que carezo, caio na conta de que me fala do porteiro do Racing de Ferrol que, segú…

A resaca das Meninas

Imagen
Estamos de resaca despois da magnífica e consentida invasión de meninas e aínda co gustirrinín nos beizos, aproveito para recordar unha petición que facíamos dende o blogue hai xa algún tempo.
Vendo o éxito da iniciativa e o agradable que se torna ese espazo público sen o azoute dos coches, gustaríame novamente reivindicar a peonalización das rúa Alonso López e Estrela (ver entrada antiga). Este Sábado puidemos pasear tranquilamente, disfrutando da súa arquitectura, das súas xentes e do seu espíritu. Fainos falla ter lugares así para por as nosas pulsacións na mínima expresión.
Puidemos comprobar como ese eixo máxico do noso barrio pode ser a clave da revitalización que tanto necesitábamos. A recuperación da súa esencia, loitando contra a puñetera especulación, pode ser un atractivo para a xente nova do barrio que no seu día quixeron quedarse, pero que os Valfermosos e outras promotoras polo estilo se encargaron de impedir.
Para ilustrar esta entrada póñovos estas fotos que me enviou o o…

Especial Meninas de Canido 2008

Gracias, porco do rodillo!

Imagen
Gracias, Porco de Rodillo!, porque onte foi un día grande e todo gracias a ti, que co teu cretinismo mobilizaches a unha riada de artistas para deixar o barrio como nunca antes o vira.
Gracias, Porco do Rodillo!, porque coa tua ignorancia patolóxica, conseguiches que a Praza da Tafona se convertise no epicentro cultural de Galicia.
Gracias Porco do Rodillo! porque gracias ós teus sesos reblandecidos onte todos nos sentimos máis orgullosos que nunca da nosa condición de Canidienses.
Gracias Porco do Rodillo! porque a evaporación da túa masa encefálica permitiu que nunca tantas emocións se xuntaran nun espazo tan pequeno.
Gracias Porco do Rodillo! porque o teu cerebro de cacahuete deu entrada a unha marea de cor nun barrio que por momentos tornaba gris.
Gracias Porco do Rodillo! porque o oco da túa cabeza, ensinounos que ninguén pode borrar a memoria da xente e moito menos coa violencia.
Gracias Porco do Rodillo! porque todos sabemos quen eres, todos te coñecemos, o mundo enteiro sabe o que …

Meninas de Canido, acción artística.Programa

Imagen
Xa temos o programa de actividades para a acción artística promovida por Eduardo Hermida. Paréceme de xustiza dicir que había tempo que no barrio non se facía unha montaxe desta entidade. Recórdame as épocas de esplendor do noso querido e único barrio. Ben merece a pena que asistamos todos a apoiar e disfrutar destas actuacións.

Meninasostibles para un Canido Sostible

Este é o programa:
Sábado 20 de setembro de 2008
10,30 horas. Recepción a artistas y establecimiento de espacios11 horas.

Comienzo de la acción artistica en las calles Alonso López y Estrella Pasarrúas tradicional a cargo de Anton Varela Pasarrúas a cargo de cuarteto folk tradicional Actuacion de Mauro Senin a la zanfona12 horas.

Recepción a fotografos14,30 horas .

Comida renacentista en el local social de la s.r.d. Canido16 horas.

Descanso17 horas.Reanudación de pinturas Actuacion de pasarrúas a cargo del grupo ' Berros do Castro' Recital poético de la asociación cultural Medulio 18 horas.

Actuaciones musicales en la plaza …

Que non hai cambios¿?¿?

Imagen
Mellor caladiño.

Se máis abro a boca máis meto a pata. Eu decindo que chego ao barrio e non noto cambios e resulta que xa non hai barrio. Debe ser cousa de David Copperfield, barita máxica, nada por eiquí, nada por alá, agora hai casas, agora non. Fin do truco.

Cantas tazas, claretes, cervexas e outros licores serían servidas en Fe, ou no "Negro"?. Infinitas. Agora só queda o espazo.

Xa sabedes o que penso desta machada, pero seguro que é porque son un iluso.

Dentro deste drama para o barrio chegoume unha boa nova. Parece ser que algúns dos expropiados foron realoxados en Cangrexeiras, moi pretiño da zona de actuación, e polo que sei están encantados. Menos mal, algo se fixo ben.

O que non teño tan claro é que esta ubicación sexa definitiva. Vendo as casas tipo "Beverlijils"que están facendo polos alrededores, non o teño tan claro. A verdade é que non.

Novas e fotos

Imagen
Levo dende o Xoves polo barrio despóis de dous meses fora. Non moitas cousas cambiaron, salvo na parte virtual, onde acabo de recibir unhas fotos estupendas dun amigo recén chegado ao blog que se chama Martín.
Son dez fotos antigas do barrio que tedes na galería. De todas elas fixéronme especial ilusión dúas, éstas que vos ensino. A do "catro" saíndo do Cruceiro e a casa de Aquilino. Eu chámolle así porque foi o único inquilino que coñecín e ao que lle xa lle adiquei unha entrada no blog no seu día.
Toca empezar coa rutina. Por certo hai outra cousa que sigue igual, a placa adicada aos asasinados polo réxime de Franco, chea de merda e sen limpala, tal como prometera o Alcalde.
En fin, políticos!