Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2014

Canidos interruptus

Imagen
Canido [13/03/2014]
Joer, que non creía eu que sería quen de voltar a escribir no meu primeiro e querido blog, pero debo estar afectado pola crise dos cuarenta: a volta ás orixes, o reencontro e todas esas cursiladas. En fin. O caso que sendo eu un dos moitos afectados polas obras do Urban en Canido, quería deixar constancia da miña crítica por escrito, máis aló das que xa me tedes escoitado moitos de palabra. 
O certo é que probablemente fora eu dos primeiros que fixen un alegato en favor do Urban para o barrio nos inicios deste blogue, cando moitos nin sabían de que estaba falando, máis que nada porque fun testemuño e partícipe dalgún outro nalgunoutra cidade da que non ven a conto falar, onde esta riada de cartos permitiu o desenvolvemento e dinamización do seu entorno a tódolos niveles. 
Non podo negar que esa ilusión inicial ía tornando en auténtico asombro a medida que o tempo transcurría e os proxectos e as máquinas non aparecían polo noso barrio, para pasar a pánico en canto …