Entradas

Mostrando entradas de abril, 2017

Toldo da Tafona 2017

Imagen

Canido en maio

Imagen
Remexendo polo ordenador atopei un texto breve escrito hai tempo dun tirón e que agora recupero para o blogue neste noso mes de maio de patrón:
Canido é unha flor que cando chega o mes de maio nos agasalla cunha gran variedade dos seus mellores pétalos: Pétalos de foliada, de cantigas de taberna e cultura popular, pero tamén vigorosos pétalos de veciñanza solidaria e comprometida que contaxian un profundo sentimento de pertenza a un lugar inigualable.

Por iso desde tempos antigos, coa chegada das nosas festas patronais, as flores toman o protagonismo para encher de cores as nosas rúas, esquinas e prazas, materializando así, en forma de maios, todo aquilo que fomos, somos e seguiremos sendo grazas á xente que coma ti constrúe cada día a nosa identidade de barrio.
A escomezar coa festa.

Festas de Santa Cruz 2017

Imagen
Ningún momento millor que as festas de Canido para retomar o noso blogue de barrio. Este ano con nova e ilusionada directiva na AVV. Como sempre no cumio o Toldo, que voltará para lembrarnos que a saída da crise somentes está na imaxinación dos incautos e por eso este barrio de xente solidaria estará aí para botar unha man a quen máis o necesita. E como cada ano un apunte sobre os que rebautizaron unha tradición: estamos en tempos de maios pero da Santa Cruz de maio, a nosa patrona. Espero que o próximo ano voltemos ás orixes, e se a alguén lle da alerxia o tema da Cruz, que vaia a mirarse ao médico. É de jratís.
Apertas