Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2017

A Misión

Imagen
Cando vemos as imaxes de Robert de Niro subindo polas cataratas de Iguazú cargado con aquelas armas que quería deixar atrás, en sinal de penitencia, para iniciar esa nova vida na misión que os Xesuitas tiñan cos indios guaraníes, un pode supoñer de xeito aproximado o que puido ocorrer hai moitos anos polas terras de Canido. 
Lembrábase con motivo do 50 aniversario da parroquia de Santa Cruz que o día 4 de agosto de 1964 o bispo Jacinto Argaya asinaba o decreto de erección dunha nova parroquia na cidade de Ferrol á que lle chamaría Santa Cruz de Canido. Así o facía. "por consideración a Canido, onde as Festas de Maio tanto entusiasmo espertan", explicaba o prelado a través da carta de presentación do novo ente parroquial aos veciños. Xa daquela as festas da Cruz de Maio eran motivo de grande alegría para a veciñanza.
Nese acto de inauguración da parroquia celebrado no Cruceiro, que ilustramos na foto de arriba, aparece sentada unha muller escoitando os discursos que precederí…

Barrio

Imagen
Poucas veces sentín tan cerca ao barrio, e non porque antes o vise de lonxe, senon porque as xornadas festeiras deste ano culminaron do mellor xeito posible: cunha irmandade con centro na Tafona e co radio do tamaño de todo o perímetro canidiense.
Nomear a xente creo que é innecesario, porque os que somos do barrio de nacemento e de corazón sabemos perfectamente a extraordinaria laboura coa que cada ano nos agasallan os grandes puntales como José Manuel Souto e os que xa levan anos collendo o testigo como Toni Hermida, Alberto, Gilberto, os rapaces do Grupo Scout Vasco da Ponte, Pedro e moit@s outr@s, dos que a nosa Reme estaría máis que orgullosa. Gracias tamén a todo os negocios do barrio que axudan a unha maior cohesión, do primeiro ao último. 
Pero permitídeme que hoxe lembre a miña querida nai, a Patro, que voltou ao Toldo despois duns cantos anos co depósito casi baleiro e foi con el cheo de felicidade por atoparse con tanta xente tan querida para ela. Non podemos esquecer que e…

Algo de historia a propósito do patrón

Sin ánimo de facer de historiador, cousa que nunca pretendín, imos publicar un deses documentos que alguén nalgún momento compartiu xenerosamente e que eu gardo no cada vez máis grande arquivo de Canido Sostible.
As orixes do cruceiro e a data do 3 de maio, a do noso patrón, se repite como momento crucial no que nos anos 1120 e 1387 érguense os primeiros cruceiros en Canido. Casi nada.
Sirva esto para insistir na necesidade de manter vivas as tradicións e devolver a centralidade a quen lle corresponde o que non é nin nunca foi, máis ben o contrario, incompatible coa de outorgarlle o protagonismo que merecen os Maios.
E por suposto, totalmente compatible cunha laicidad sana e respetuosa co conxunto da veciñanza.
Apertas

Lolo Correa

Imagen
Lolo,  naceu o ano 1937 en Balón, Doniños. No ano 1955 vén vivir ao barrio de Canido sendo traballador da Empresa Nacional Bazán. 
Aos 30 anos casa con Carmen Rivas Arriví e é pai de tres fillos, Macamen, Juan e Pili.
Un accidente laboral marcou a súa vida. Unha caída duns 20 metros, durante a cal tivo tempo de implorar axuda á Virxe, da que sobreviviu.
A experiencia do sufrimento sitúao en posición privilexiada para o seu encontro co Señor e tivo a habilidade de deixarse seducir, entregándose desde aquel momento en corpo e alma á súa causa, a causa dos mais empobrecidos na Parroquia de Santa Cruz de Canido en 1969, da man de Don Gabriel, que xunto á súa muller foi o seu mestre.
Foi o inicio dunha Cáritas parroquial avanzada e modélica en sentido de xustiza e caridade.
Fixo do mundo da pobreza unha gran Eucaristía, acollendo a todos os desherdados co mesmo amor que Xesucristo vivo depositara sobre el.
Home de barrio, audaz, comprometido, valente, capaz de conseguir adeptos ás súas ca…