Entradas

Mostrando entradas de enero, 2009

Parques biosaudables e participación cidadá

Imagen
En primeiro lugar pedir disculpas por esta larga ausencia do foro e do blog, pero teño bastantes problemas coa miña conexión particular a internet. Cousas dos operadores de telefonía móvil que son, en liñas xerais, uns estafadores profesionais. Non vou entrar no tema porque me encendo, pero o caso é que sigo sin poder acceder a internet salvo de prestado. Esa é a única causa da miña desaparición irresponsable do foro e a desactualización do blog e en ningún caso unha especie de castigo pola caída na participación como aludía Antonio nunha das súas, sempre polémicas, intervencións no foro. Xa sabedes que eiquí non se obriga a ninguén. Liberdade absoluta.

En segundo lugar darlle a benvida aos novos membros e animalos a participar. Está ben numerar -e xa somos 35- pero mellor é deixar a vosa pegada. Hai que perder o medo a escribir, vendo as merdas que deixo eu, supoño que será suficiente como terapia contra a vergoña.

Por outro lado agradecerlle ao amigo "Gallego en la Luna" que…