Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2012

Canido violado

Estábame contendo para non ter que dicir todo o que sinto, pero me parece que xa non teño máis aguante.
Si existe un epicentro da nosa personalidade, un xenoma, un corazón, un espírito no noso barrio, é o Cruceiro de Canido e a Rúa Alonso López. Son as nosas credenciales urbanas, o espacio máis público co que contamos. 
Cando hai uns anos víamos como de xeito incomprensible se derribaba parte do barrio en Ínsua con estúpidas promesas de falso progreso, baseadas en hoteis, centros de día que xamáis verán os nosos ollos, eu non parei de denunciar que se trataba dun espolio similar ao que Rita Barberá promoveu no barrio do Cabanyal, a menor escala por suposto, pero moi parecido. Daquela pouco o nada se dixo porque a moita xente pareceulle unha idea "quetecagas".
O barrio daquela quedou coxo, cortáranlle un pé, ou a perna enteira á altura do muslamen. 
Ocorreu o mesmo coa Tafona. Unhas obras patéticas, non moito mellores que estas do Cruceiro, en un aparente estado inacabado, u…