Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2018

Canido, de moda?

Contradecindo a miña primeira entrada deste blogue, non teño ningunha intención de ofender a ninguén, simplemente facer unha pregunta a modo de reflexión comunitaria. Non deixo de ver e escoitar a todo o mundo o moito que está de moda Canido e seguramente é unha afirmación acertada: o barrio é máis aceptado neste intervalo temporal que noutros momentos históricos o que o posicionaría por riba doutros entornos do noso concello. A cidadanía, no seu conxunto, elexiría Canido como opción preferente fronte a outros barrios de Ferrol, e está claro que eso non pode ser malo, ou si?. Fagamos comparacións e algo de memoria. Alguén se lembra da boneca repollo, do yoyó, do xogo das canicas, de Cobi, Naranjito (recuperado por Albert Rivera Q.E.D)....alguén?. Lémbrase alguén de cómo fervía Amboaxe, a rúa María, Sol...alguén?. Levarías quentadores nas pernas, pelo frito, purpurina...bótalle collóns anda. As modas son eso pasaxeiras, como pasaxeiros son os artigos de usar e tirar, os restaurantes e…

Carreira lenta de bicicletas (para Gilberto)

Imagen
O pasado domingo o barrio recuperaba aquela carreira lenta de bicicletas que, moitos anos atrás, formaba parte das actividades que se organizaban para a rapazada da miña quinta durante as festas patronais de Canido..

No momento de dar a saída veume de novo á cabeza o amigo Gilberto, que nese intre pasaba por un duro trance, e lembreino de cativo, participando naquela carreira na edición da nosa infancia na que, coas presas e improvisación, ninguén lle explicara as especiais normas desta competición de lentitude, arrancando coa súa bicicleta como un lóstrego no momento do pistoletazo de saída, deixando a todos os participantes por atrás dubidando entre frear o paso ou pisar o pedal ate rebentar. Pois hoxe pola mañá, como naquela ocasión, o amigo Gil, pisou o pedal da vida e arrancou de novo a todo trapo, deixándonos aos que o queríamos ben, coa mirada atónita do que non entende as razóns que moven este tipo de decisións divinas, aínda que as podamos respectar profundamente.

Gilberto f…