Entradas

Mostrando entradas de julio, 2008

Via crucis do Cristo da Tafona

Imagen
Parece ser que a historia do Cristo da Tafona non ten fin. Cando xa parecía ter rematado e clarificado o seu futuro, voltan novos impedimentos para que os veciños do barrio vexamos a un dos símbolos da nosa personalidade no seu fogar. A última é unha resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 27 de Xuño de 2008, comunicada ao Concello de Ferrol o día 10 de Xullo, na que, ante a falta de alternativas ás inaceptables propostas de ubicación inicial feitas dende o consistorio (sobre un fuste, apoiada a un muro e colocada no interior dunha furna no centro da praza) e a ausencia dunha conservación adecuada da peza do século XV, declarada Ben de Interese Cultural, prácticamente botada a perder nun obradoiro da canteiría, obrígase ao Concello a museizala, delvonvendo a peza ao Centro Cultural Torrente Ballester ou calquer outro edificio de carácter cultural ou museístico.
O único que tiña que facer o Concello de Ferrol era buscar unha alternativa máis coherente coa historia da senl…

Martinsa Fadesa - Ladronsa

Imagen
Creo que non é volver ao mesianismo que me caracteriza decir que o de Fadesa estaba máis que anunciado. E non é pecar de listo dicir que non vai ser a única empresa do sector do ladrillito que irá a tomar polo cú en breve. Porque si hai negocio volátil ese é o especuleitor, máis coñecido coma construcción. Cando hai cartos que gañar, pois que sexan a paladas (nunca mellor dito), pero cando no panorama se cheira unha baixada, entón ¡chimpón!, desaparecen coma ratas. Dez anos de ganancias a moreas e nun ano frouxo quebran todas as empresas. ¿Onde está o aforro, as inversións, o graneiro para as vacas fracas?. Nada de nada. Non hai nada, e os primeiros en pagalo os traballadores das empresas. Ao puto paro.
¿Pero non era o fin destas empresas a creación de riqueza, o desenvolvemento do país?. Fernando Martín, o Real Madrid, o Rei, Aznar, besamans. Salvadores da patria.
Insisto que non pode quedar en mans de ladróns o desenvolvemento do noso País. Porque son eso ladróns, do máis baixo. Putos…

Toñito

Imagen
Un dos vídeos que ilustra este blog dende a súa inauguración é de Riff Raff. O seu cantante, bó amigo dende a máis tenra infancia, é Toñito, activo representante do barrio aí por onde vai, levando a música máis metálica por todo o mundo.

Toñito é un currante da música. Del sempre teño un recordo antigo pegado á batería ou á armónica, instrumentos éstes que o foron levando pouco a pouco a utilizar as cordas vocais brillantemente nesta última e longa aventura musical.

Cando vexo a merda de Operación Triunfo sempre me acordo de Toñito. Aínda que estos atallos non son cousa de xente cos principios do noso veciño, nunca perdo a esperanza de velo triunfando como se merece.

A nova de que Riff Raff serán os teloneiros de Whitesnake pon as cousas no seu sitio. O bo facer demostrado en cada un dos concertos deste pedazo de grupo liderado por Toñito vai ter a súa recompensa nin máis nin menos que con Whitesnake.

Estou seguro que non tardará moito en que Whitesnake sexan os teloneiros de Riff Raff.

Op…

Boas Novas

Imagen
Hai algún tempo me queixaba do estado da placa homenaxe aos asasinados polo réximen de Franco ubicada na muralla do antigo cemiterio de Canido.

Cabreado polo tema púxenlle unha queixa ao Alcalde por medio do servizo web que teñen no portal do Concello. O certo é que dado o tempo transcurrido non contaba con reposta algunha, pero sevualá! acabo de atopar no correo a seguinte mensaxe:

"Estimado veciño:
En primeiro lugar, quero pedirlle disculpas pola tardanza á hora de contestarlle, pero o número de correos recibidos impídeme responder coa rapidez que me gustaría.
Tomo nota da súa solicitude para que sexa limpada a praca instalada no muro do cemiterio de Canido. Trasladareille a necesidade á edil de Servizos para que dea aviso aos servizos encargados destas tarefas.


Reciba un saúdo
Vicente Irisarri"


Algo é algo. Me avisa de que vai a avisar a edil que avisará ao xefe de servizo que avisará ao xefe de sección para que avise ao xefe de unidade e despois ao xefe de negociado para que a…

Fernando Miramontes & Couce Pereiro

Imagen
Hoxe vou falar de política. Despois de conseguir que este modem prehistórico funcione medianamente ben, teremos sesión política. Non son moi dado a facer biografías da xente, máis ben falo deles tal e como eu os coñecín, que moitas veces é ben pouco. No caso dos persoaxes da foto teño que dicir que tiven pouco trato, pero de ambos, pasado o tempo, o meu concepto deles vai mellorando como se se tratase de dúas botellas de bo viño. No caso do noso veciño, Fernando Miramontes, creo que é de xustiza dicir que foi o político que máis fixo polo barrio e ao que lle debemos unha homenaxe en vida. Eu pola miña conta lla fago neste mesmo momento. A súa honradez, fóra de toda dúbida, fixo del un membro da clase política atípico. É curioso, sempre que falamos de un político honrado nos parece unha rareza, e certamente o é. Co seu compañeiro de viaxe, Couce Pereiro, fixo un tandem irrepetible. Daquela non fun capaz de aprecialo. O adxetivo despectivo de "pelouro" e o feito de que un traba…

Canido Mundial

Imagen
Estos son os lugares dende onde entran ao noso blogue. Canido é mundial, estamos ate no polo norde. Moitas de estas entradas, especialmente as que se realizan dende países estranxeiros, son casuais, entran por despiste ou buscando outras cousas. O realmente sorprendente é que moitísimas usan como palabra clave Canido ou Barrio de Canido o que indica, ou debe indicar, que nese punto hai un Canidino cantando un alalá. Supoño que ter unha porta aberta ao barrio dende máis aló das nosas fronteiras debe ser unha boa forma de non olvidar as orixes. Aínda que agora sexas o Xefe da tribu dos Nubas, non te olvides da tribu dos "claretus". Para todos eles o máis forte dos saúdos.