Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2008

Cájome no que dixen!

Imagen
Pois como rectificar é de sabios, non sei como carallo vou facelo co meu cerebro de guisante.
O outro día dixen que blablablablabla... sobre a placa dos asasinados polo réxime franquista.
Xa está de volta. A levaran a limpar, supoño que os mesmos que a puxeron. Está limpa como unha patena, como debe ser.

O meu máis sinceiro agradecemento a quen o fixo.

Agora xa podo pasar por esa zona sen encenderme.

A memoria dos que sufriron na súas carnes a sinrazón está de novo honrada.


Foto remitida por Abreobare

Feliz Cumpreanos!

Imagen
Hoxe hai un ano, unha idea peregrina levoume a facer un blog sobre o barrio de Canido. Realmente foron dous, un se chamaba (e se chama) Barrio de Canido, e o outro Canido Sostible. Ó final decidinme pola segunda opción, que é a que estades vendo, deixando a primeira un pouco abandonada á espera dunha mellor ocasión. Cerca de 6000 visitas únicas no que vai do ano (salvo Xaneiro) según Google Analitycs e de 5000 según contadordevisitas.es, non é unha mala cifra. Para min dende logo non. O outro día decía que de vós depende que esto siga. Creo que a presencia fiel de todos vós ben merece sacar unhas horas ao sono para escribir estas cretinadas coas que de vez en cando vos bombardeo. Gracias a Serxio, Gallego en la Luna, Abreobare, Josecanido, Maria, Xaime, Antonio Pego, José María, Añoranza, Adela, EPTL, edi fabuloso, chonacas, Martín, Tinaja, Álvaro de la Vega, Antón Varela, Xan das Bolas, Marisol, Rodas, Tristan, pins, Kike, papigil, pimborete, canido1, emmanov, kike64, aldeadecanido, Cr…

Outra vez A Placa

Imagen
Aínda a risco de ser pesado -parece que en Canido non temos máis problemas- volto coa placa homenaxe aos asasinados polo réximen de Franco que ata hai escasos días malvivía no muro do antigo cemiterio de Canido. Digo malvivía, porque xa non vive, desapareceu sin deixar rastro e sin que ninguén se acorde dela.

Me gustaría pensar que esta misteriosa desaparición débese ao compromiso adquirido en su día polo Alcalde con este humilde servidor, e do que xa falamos neste blog, de proceder a limparlle todas as pintadas feitas por esos cobardicas fascistuelos, máis non sei por onde me dá que son estes últimos quenes remataron a súa ruín faena.

Pois nada, que espero que sexa a primeira das posibilidades a que realmente sucedera e que neste momento esté un operario eficaz dándolle ao cepillo con destreza, e en caso de non ser así, simplemente agradecer a excelente xestión do Concello de Ferrol, sempre áxil na resposta as peticións cidadanas, igual que xa fixo co parque da Fonte de Insua, que está…

Alfredo

Imagen
Alfredo Herrera se chamaba, máis por Alfredo a secas o coñecíamos todos.

Cando era un neno, seu pai, levouno a un campo de refuxiados en Túnez, dende onde pasou a Francia, adquirindo o estatus de refuxiado político que o aismilaba a tódolos efectos a un cidadán daquel pais. Boa acollida lle deron sempre aos militantes de esquerdas os nosos veciños durante o franquismo.
O seu fogar Paris, xa sabedes: o "Quartier Latin", o Maio do 68, toda a efervescencia cultural e política brotando polas esquinas.
Alí traballou como torneiro ao xeito Alfredo, como "bon vivant", aforrando durante un ano para vivir de rentas os seis meses seguintes, e despóis volta a empezar.
Era militante da CNT e non sei por qué motivo relacionado cunha protesta contra os americanos, planexaron o secuestro dun ianqui (calquera valía) na corte do xeneralísimo, chegando a Madrid para facer a falcatrúa. Como a poli non é tonta, e os chivatos ainos por todos lados, foi trincado todo o comando dando cos se…
Imagen

Victor Aneiros

Imagen
Teño que recoñecer que non son consumidor de blues, máis sempre foi un estilo que me gustou. Non entendo moi ben cales son os resortes que levan a comprar un tipo de música ou outro, supoño que os publicitarios, pois pouco teñen que ver coa calidade da obra.

O caso de Victor Aneiros non se diferencia moito do de outros mestres de músicas non masiva (que non minoritarias), e é que teñen un grao de recoñecemento alto nos círculos especializados, máis non chegan ao conxunto da cidadanía.

Víctor Aneiros, como ben sabedes é de Canido, e na última aparición que eu lle coñezo na prensa local elixiu o Cruceiro para realizar a entrevista. Eso honrao a el e honra ao barrio coa súa presencia, pois a pesar de ser unha das figuras máis relevantes do panorama musical español non esquence as súas orixes no nº 4 da rúa de Insua, onde viviu a súa primeira infancia.

Os seus comezos foron en Alkitrán ou Blancanieves, pasando por Forcadas Blues Band ou Blues Notes, e agora ten no mercado un disco de Blues …

Amigo Luis

Imagen
Cando morreu Lolo Huertas, Luis perdeu unha parte de seu.
Luis tiña en Lolo a súa referencia, o seu faro, todo na súa vida xiraba ao redor del. Sen lugar a dúbidas Luis cedeulle a Lolo o espazo no corazón que seu pai non quixo ocupar, e Lolo, cun corazón que non lle cabía na súa inmensa caixa torácica, aceptouno sen porlle nen a máis mínima condición.

Lolo mantiña vivo a Luis, era o seu sustento intelectual. Era capaz de manter un equilibrio perfecto entre a broma sana e o paternalismo que Luis tanto necesitaba. Poder cabrearse de vez en cando con alguén para reconciliarse despois, como os mellores amigos, esos que non rompen nin cando discuten máis abertamente.

Devorador de revistas de culturismo, e afeccionado como ninguén a ese deporte esteroideo, Luis garda en pano de ouro a herdanza deixada polo seu grande amigo, consistente en ducias e ducias de "The Muscles", "Sportlifes" e "Bodyfitness".

Hoxe o Rolen segue sendo o seu centro de actuación e alí segue …

Lapas e máis lapas

Imagen
O outro día paseaba por Canido cos pequenos e atopeime coa desagradable imaxe dunha Casa do barrio devorada polas lapas. Nela, unha Menina triste, a que na foto que acompaño aínda non fora concebida, berraba chamando polas súas compañeiras bombeiras para que lle botaran unha man e tentaran salvar o pouco que as lapas aínda mantiñan en pé. Outra máis. Outro indicador máis do estado de abandono do barrio. Mañán as Meninas teñen convocada una manifestación silenciosa. Todos estamos con elas. Según me comentaron, a próxima non será tan pacífica. Espero que non teñan que pintar Os Guernicas de Canido.