Contradecindo a miña primeira entrada deste blogue, non teño ningunha intención de ofender a ninguén, simplemente facer unha pregunta a modo de reflexión comunitaria.
Non deixo de ver e escoitar a todo o mundo o moito que está de moda Canido e seguramente é unha afirmación acertada: o barrio é máis aceptado neste intervalo temporal que noutros momentos históricos o que o posicionaría por riba doutros entornos do noso concello. A cidadanía, no seu conxunto, elexiría Canido como opción preferente fronte a outros barrios de Ferrol, e está claro que eso non pode ser malo, ou si?.
Fagamos comparacións e algo de memoria. Alguén se lembra da boneca repollo, do yoyó, do xogo das canicas, de Cobi, Naranjito (recuperado por Albert Rivera Q.E.D)....alguén?. Lémbrase alguén de cómo fervía Amboaxe, a rúa María, Sol...alguén?. Levarías quentadores nas pernas, pelo frito, purpurina...bótalle collóns anda.
As modas son eso pasaxeiras, como pasaxeiros son os artigos de usar e tirar, os restaurantes e cociñeiros estrela, os xuíces...todos de moda.
España estaba de moda dicían, o noso cine..de moda todos eles.
España estaba de moda dicían, o noso cine..de moda todos eles.
Cada vez que alguén fala de moda e o xunta coa palabra Canido non podo deixar de pensar no moi de moda que estaban outros sitios que se convertiron en eriales polo mesmo erro de poñer un lugar habitado por personas á altura dun tamagotchi.
É extremadamente delicado fomentar a idea de barrio de moda entre a cidadanía para tratar de facelo máis atractivo co enganoso dese tipo de mensaxe publicitaria, pois atraemos a un persoal que o mesmo viría a Canido que a Kuala Lumpur con tal de poder dicir "vivo en el barrio de moda, osea".
Se deixamos que esta idea prospere, veremos como para cubrir a demanda de vivenda e servicios teremos que crear oferta, e esa oferta pasará por un proceso de especulación que so está freando a nosa crise perenne, tal e como ocurriu na etapa negra de Juncal na que se botaron a veciñas e veciños do barrio a perra gorda o metro cuadrado.
Canido non é asimilable a ningún outro barrio molón doutra cidade española ou europea, ocupados todos eles por artistas de renombre e ricxs empresarixs, porque esto é un hábitat humano no que temos que protexer tanto ao entorno edificado como aos veciños que nel viven.
É crucial que cale en todos nós esta idea para non caer na tentación facilona de entregar o noso patrimonio nas máns da especulación, sin perxuicio de non perder o noso carácter acolledor e xeneroso con persoas de toda clase e condición.
Deixémonos de modas e caralladas e consolidemos un lugar privilexiado no que as persoas sexan o elemento central do barrio e os esforzos sexan para que podan permanecer nel tal e como fixeron ao longo dos séculos.
Canido Sostible
Canido Sostible
Comentarios
Publicar un comentario