10 anos de Canido Sostible



Hoxe Canido Sostible cumpre 10 anos dende que iniciou a súa andaina aló polo ano 2007. Moito cambiou o barrio dende aquela, moita xente nos deixou, patrimonio humano que forma parte xa do noso adn.

Comprenderedes que nacer o 20 de novembro ten un importante significado: o de recuperar a memoria roubada, pero tamén o de borrar da memoria esas datas que tanto nos remexen por dentro para darlles outro significado.

Por aquí pasaron e participaron moitas persoas das que non me quero esquecer, por eso non vou citar a nigún en especial, xa que todos o sodes.

Canido Sostible naceu con vocación de plataforma cidadá pero resultou ser máis que eso, resultou ser o barrio mesmo poñendo verbas ao seu descontento, á súa indignación e ao seu desexo de reivindicar un futuro mellor para os seus veciños.

Faustino V, este "don nadie", que quería pasar desapercibido para que outros Faustinos continuasen a súa traxectoria de xeito anónimo, non conseguiu convencer a ninguén e aquí está, dez anos despóis, sen poder xubilarse. Escribindo cada vez menos, pero sin ganas de deixalo.

Temos un bo futuro por diante, Canido está dando mostras de ser o barrio máis sostible, social, económica e casi diría ambientalmente. Non sei a responsabilidade deste blogue nesta historia, pero tampouco importa un carallo sabelo.

De modo que, a por outros dez anos máis

Apertas!!

Comentarios