Poucas veces sentín tan cerca ao barrio, e non porque antes o vise de lonxe, senon porque as xornadas festeiras deste ano culminaron do mellor xeito posible: cunha irmandade con centro na Tafona e co radio do tamaño de todo o perímetro canidiense.
Nomear a xente creo que é innecesario, porque os que somos do barrio de nacemento e de corazón sabemos perfectamente a extraordinaria laboura coa que cada ano nos agasallan os grandes puntales como José Manuel Souto e os que xa levan anos collendo o testigo como Toni Hermida, Alberto, Gilberto, os rapaces do Grupo Scout Vasco da Ponte, Pedro e moit@s outr@s, dos que a nosa Reme estaría máis que orgullosa. Gracias tamén a todo os negocios do barrio que axudan a unha maior cohesión, do primeiro ao último.

Grandes festas patrimonio de todo o barrio pero festas que deben ir máis aló de modas, porque éstas son efímeras e a tradición é a que perdura no tempo. Amamos aos maios pero éstos son solo un precioso ingrediente non o plato completo. Éste chámase Festas de Santa Cruz, ás que nunca renunciarei, e que me disculpen aqueles e aquelas que se sintan molest@s, pero entenderedes que é difícil renunciar ao noso ADN.
Apertas a tod@s!!
Noraboa a tod@s por manter anualmente viva a Tradición e a Alegría imperecedeira da proletaria e solidaria comunidade da República Independente de Canido (the Neighborhood!).
ResponderEliminarAperta especial para Patrito, muller, nai e veciña, das que teñen merecido a súa presenza no inmenso Podium das Persoalidades de Referencia, especialmente amadas e sempre ben queridas do noso Barrio, quenes contribuiron a darlle Nome Propio in secula seculorum, e que aportaron o seu bo facer, ledicicia, espírito de convivencia e colaboura dun xeito tal que o seu Ser toma parte íntegra da personalidade e educación de cada un de nós, desta xeración que leva xa o Relevo e a responsabilidade de ofrecer o mellor de cada un a tódolos demáis.
Sodes marabillos@s!. Que Grande Barrio!. Que Grandes Persoas!.