Lolo Correa

Lolo,  naceu o ano 1937 en Balón, Doniños. No ano 1955 vén vivir ao barrio de Canido sendo traballador da Empresa Nacional Bazán. 

Aos 30 anos casa con Carmen Rivas Arriví e é pai de tres fillos, Macamen, Juan e Pili.

Un accidente laboral marcou a súa vida. Unha caída duns 20 metros, durante a cal tivo tempo de implorar axuda á Virxe, da que sobreviviu.

A experiencia do sufrimento sitúao en posición privilexiada para o seu encontro co Señor e tivo a habilidade de deixarse seducir, entregándose desde aquel momento en corpo e alma á súa causa, a causa dos mais empobrecidos na Parroquia de Santa Cruz de Canido en 1969, da man de Don Gabriel, que xunto á súa muller foi o seu mestre.

Foi o inicio dunha Cáritas parroquial avanzada e modélica en sentido de xustiza e caridade.

Fixo do mundo da pobreza unha gran Eucaristía, acollendo a todos os desherdados co mesmo amor que Xesucristo vivo depositara sobre el.

Home de barrio, audaz, comprometido, valente, capaz de conseguir adeptos ás súas causa, a causa de Xesús pobre. Sinxelo, capaz de chegar e resolver problemas con rapidez.

Soubo aceptar a enfermidade que lle tocou vivir de forma resignada e consciente, foi unha graza de Deus. Deunos exemplo de enteireza e serenidade.

Foi a semblanza do noso querido amigo Lolo Correa, verdadeiro "pan do pobre" e testemuño de Xesús no medio da xente.

Resumo da biografía de Lolo Correa no libro "Testigos de la Fe en la Diócesis de Mondoñedo Ferrol"

Comentarios