O Depósito de Canido

Llelo debo a un tal "Galiano" que de vez en cando visita este blogue. Realmente esta imaxen é a constatación dun fracaso. Finalmente non conseguín a maldita foto do antigo depósito de Canido e teño que colgar ésta feita recentemente no espacio onde se atopaba.
Neste lugar, como sabedes, existía un depósito de auga que, unha vez rematada a súa función acuífera, viña sendo utilizado como sede da asociación de veciños do barrio.
Un día a algún espabilado deses que, maldita a hora, de vez en cando dáselles por pensar, pasouselle pola cabeza que o depósito corría o risco de caer e, no canto de encargar algunha proba non destructiva, ordeou mandalo a tomar polo cú. Seguro que tiña a pintura descascarillada ou algunha mala herba, e claro estaba "superfeo poresnupitelojuro".
Cando escoitei semellante estupidez casi me mexo de risa. Polo pouco que sei do tema, case nada, tiña entendido que os marxes de seguridade coas que se facían esas obras hidraúlicas non eran de broma.
Picoume a curiosidade e un día pasei polo lugar no momento no que estaban intentando tirar con él. Quedei alucinado co calibre da ferralla con que estaba armado o formigón, creo que ela soa era capaz de soster o depósito de auga. Estou seguro que lles costou máis tirar con él que facelo de novo.
Como resultado de esta acción Canido perdeu outro símbolo, máis mundano que o Cruceiro, pero símbolo a fin de contas.
Hoxe ocupa o seu lugar unha especie de parque cunha obra de arte desas coas que regaron Ferrol na era Juncal e que da ganas de chorar.
Creo que ese é o seu significado realmente. Simboliza as lágrimas pola perda doutro icono do barrio. Nin fotos nos quedan del.
Para que logo digan que solo falo do Canido "de abaixo".

Comentarios

  1. Eu debo ter gardado nalgún cd fotos do antigo depósito. Unha verdadeira pena que o tirasen. É un gran exemplo da falla de visión dos nosos políticos. Podería ter mil usos distintos. O asociativo o primeiro deles (e non falo da AAVV).
    E coincido contigo nesas "esculturas" que a falta de gusto de Juncal fixo que nos puxeran por todo Ferrol. Nin a posta son tan feas. Demolición xa!

    ResponderEliminar
  2. Hola Xaime!

    Sería estupendo poder tener unha foto do depósito.
    Pouco a pouco imos conseguindo ter un pequeno arquivo de fotos históricas. Seguro que moita xente ten imaxes que nin se dá conta e que podería compartir coa humanidade.

    Desde logo se a atopas sería fantástico.

    Saúdos

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Lolo Correa