
Tremenda fotografía a que me envía, que mostra o Túnel da Malata coas vivendas militares ao fondo e cun trozo da Peninsular Madereira á esquerda. Historia pura do noso barrio.
Cantos recordos nos trae á memoria, sobre todo das innumerables expedicións feitas por rapaces de dentro e fora do barrio para cruzalo nas dúas direccións, sempre coa tensión mantida ante os posibles ataques de "Ramiro Fodón" e dos seus famosos cans con tetas de muller, implantadas cos despoxos dalgunha das súas víctimas sexuais.
A vespa en primeira liña e un camión subindo a costa que ben puidera ser de gaseosas Lanzós ou dos Quince Hermanos. Mellor imposible.
Hoxe facemos unha irmandade coa Gándara.
Por unha Gándara Sostible.
Opaiiii Antonio Pego.
Comentarios
Publicar un comentario