A Fonte de Insua


A fonte de Insua sempre foi lugar de tránsito hacia Copacabana, era o noso pundo de avituallamiento para calmar a sede das longas xornadas na praia. As súas augas tiñan fama de boas, e o certo é que frescas si que estaban.

Últimamente padecía un estado de abandono importante que quitaba as gañas de baixar a probar se mantiña as boas condicións de antídoto contra a deshidratación.

Por primeira vez en moito tempo se abordou un proxecto de restauración integral desta fonte de lavar -da que colle o nome a unha das rúas de máis soleira do barrio- que culminou, se as miñas contas non fallan, hai máis ou menos un par de anos. O resultado é un bó traballo no que se refire ao edificio que alberga o lavadoiro, un máis que interesante resultado no tocante aos xardíns e contorno, pero non podo decir o mesmo do parque de xogos infantís. Neste tema o proxectista desta área de esparcemento non tivo nin a decencia de lerse a normativa que os regula, que está baseada na familia das normas UNE-EN-1176 e 1177.

O parque infantil non é somentes un lugar onde se espalean uns cantos xogos comprados a algunha firma do norde de Europa, hai que analizar que os espazo onde se ubican cumpran unha serie de condicións básicas que garantan a seguridade dos máis pequenos.

A miña intención non é facer unha descripción de todas as carencias do parque, porque son moitas, simplemente comentar algunha das que me preocupan máis.

A primeira é a falta de mantemento. En Ferrol temos a histórica costume de facer obras e non tocarlles máis. Eso é un problema en xeral, pero é un grave problema no caso dos parques infantís, pois o que está en xogo é a vida dos pequenos. Para exemplo un botón. Nuha das fotos de arriba pódese ver (bastante mal) como toda a varanda de madeira, e digo ABSOLUTAMENTE TODA, está chea de puntas oxidadas dirixidas cara recinto. Parece que non queren que saian os cativos, ou polo menos que non saian sans. Non é unha broma, son vinte metros de varanda chea de puntas perpendiculares a madeira dispostas para unha masacre infatil. Parece estar feita por "Carpinteiría Herodes".

Eso, xunto con sinfín de pintadas, denota que o concello non pasa por ahí nin de visita.

No que se refire a cuestións de deseño, está claro que non se pararon a pensar que os bordillos de pedra semisoterrados na grava miuda poden ser "surperchupigüais" no chalet de Juncal, pero, nunha área infantil son un grave risco. O mesmo pasa coa aceira de pizarra, chea desta grava, convertida en improvisada pista de patinaxe na que absolutamente tódolos días se esnafran varios pequenos.

Esas e outras cuestións tan sixelas como o cartel de información, a diferenciación entre idades ou a varanda de seguridade para evitar caídas en altura no perímetro da fonte son solo exemplos dun malo e perigoso deseño. É máis fácil citar as cousas que cumple que as que non cumple.

En definitiva, un entorno magnífico, unha obra interesante, pero abandonada e insegura para os nenos.

Que non pase nada, que máis de un pasará algún tempo nunha casa rural que hai en Teixeiro. Moi económica por certo.

Comentarios

  1. O meu fillo esvarou no chan de pizarra a última vez que estivemos alí. Deu un bo croque na cabeza e de miragre non sangrou. As pedriñas sobre a lousa son unha garantía de que toda contusión levará consiguo unha ferida aberta.

    Unha pena de mantemento para un sitio tan senlleiro.

    ResponderEliminar
  2. Pois xa ves Xaime, á miña filla pasoulle un par de veces e tódolos días pasa o mesmo. Hoxe sen ir máis lonxe a un pequeniño.

    Haberá que empezar a denunciar, qué é o único que entenden. Polas boas nada de nada.

    ResponderEliminar
  3. OKs, el sitio es acojonante, la ejecución defectuosa.... y algunos energúmenos unos cabrones de tomo y lomo. Si, ya sé que es cosa de los políticos, que para eso se les paga, pero a veces me pregunto si nosotros, como sociedad criadora de enanos maleducados, no tendremos parte de culpa.

    ResponderEliminar
  4. Por cierto...... tras una desinteresada labor del colectivo ADREP, que limpió y adecentó la zona (cosa que tendría que haber hecho el concello, pero ni está ni se le espera), yo mismo y mis nenes, a las dos o tres semanas, vacié en la papelera del parque unas 24 botellas de cerveza que estaban tiradas DENTRO del lavadero.

    Hay que ser muy castrón, muy bastardo cabrón, para reventar de esta manera un patrimonio histórico del barrio. Ojalá los que lo hagan mueran con la mitad del dolor que les deseo, que será suficiente.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Lolo Correa