Avenida do Repolo

Parece que por fin empezan as obras de urbanización da Avenida Pérez Parallé, máis coñecida pola Avenida do Repolo.

Hoxe o Alcalde, acompañado de Ágel Mato, visitou a zona, despois de que onte se firmase a acta de replanteo.

30.000 metros cuadrados con seis bloques de viviendas xunto con 9.999 metros (parece un precio das rebaixas) de zonas verdes e un centro cívico.

Soa de puturrú. Vivendas, parques xardíns, centros cívicos e de día, ummmm, que horizonte tan feliz! .

Realmente non coñezo o proxecto, pero seguro que non me vai a gustar. Teño o defecto de ver todo en negativo. Seguro que houbese sido unha boa oportunidade de integrar o vello co novo, respeitando o núcleo antigo de Canido.

É curioso, a cidade da Coruña está a redactar o seu novo plan xeral. Non é que a cidade de cristal se caracterizase históricamente pola recuperación dos seus núcleos rurais, máis ben seguiu unha técnica de exterminio similar a que se utiliza con Canido. Sin embargo ten que ser un arquitecto catalán, Joan Busquets, quen lle corrixa o rumbo, e na súa proposta de revisión fai una clara aposta pola súa recuperación e integración, favorecendo as transicións entre a trama urbana e a rural, interconexionando todo o municipio mediante corredores verdes. Casi nada.

Nós como sempre, tres séculos atras, adoptando decisións totalmente contrarias ás tendencias dos paises desenvolvidos no campo da sostibilidade.
Esperemos que o fagan ben. O outro día puxen a parir a Ángel Mato, realmente fun demasiado duro. É boa persoa, seino ben, pero ten que lidiar cunha lacra no departamento de urbanismo que, salvo honrosas excepcións, mete bastante medo.

Bótalle collóns e arrisca. A túa formación ambientalista tense que facer ver. Non sexas un máis. Hai que innovar, ser pioneiros, buscar novas fórmulas para ser unha referencia.

En caso contrario tédelo claro, e Canido tamén



Comentarios