Dos "Reyes Católicos" ao "Cruceiro de Canido"

Moito che cambian os tempos. Cando estudiaba no, entonces chamado, Colexio Reyes Católicos, tiñamos que facelo en módulos prefabricados feitos merda e o deporte en medio de fango, con porterías a base de mochilas, catro pedras e algún trozo de porta desas aulas en estado semirruinoso.

Antigamente Don Cruz, co seu "¡one, osssss, one, osssss, one, ossss!", e despóis o defunto de Morate, impartían unhas clases de ximnasia que, deus me perdoe, explicaban a media medalla de lata que naquel tempo eran capaces de conseguir nas olimpiadas os deportistas españois.

Non gardo mal recordo da maioría dos mestres, a excepción dalgún con vocación puxilística que utilizaba como esparrings aos rapaces do hospicio, demostrando unha valentía propia dos falanjoides da época.

Eu xa collín mellores tempos, con Fernando, Ramiro, Antonio -que afortunadamente para os cativos aínda segue en activo- e incluso a Don Luis, xustiño no ano que se xubilou.

Hoxe en día os Reyes "Catódicos" foron mandados para Castela e o "Cruceiro" terminou por tomar a fortaleza inexpugnable do colexio. O deporte faise a cuberto nun expléndido pavillón, cun campo de fútbol que xa o quixera o Rácing de Ferrol dos meus tempos, e os cativos xa non andan a pedradas cos do Tirso de Molina, mentres que Benita e Pacucha foron sustituidas por Darío, para ben dos rapaces do barrio, que xa non corren o risco de perder a vida nas fauces de cans doentes por cometer o tremendo delito de xogar unhas pachangas a baloncesto en horas non lectivas. Non sei onde estará a mentada Benita, por edade o supoño, nin lle gardo rencor algún pero, desde logo, non fago nin o máis mínimo esforzo en recordarme dela. Selaví sefiní!.

Desde logo este debe ser dos mellores cambios que notei a miña volta ao barrio. O "Reyes Católicos", agora Cruceiro, convertiuse nun expléndido colexio, pouco masificado, con docentes vocacionais e cunhas instalacións que non lle teñen que envidiar gran cousa a un colexio privado, incluso diría que supera á gran maioría en calidade paisaxística.

Agora temos maís posibilidades de medalla olímpica, pero na especialidade de Playstation III, porque o deporte escolar creo que aínda é máis escaso que na miña época. Os cans facían correr moito do carallo!.

En fin, que cada vez me parezo máis ao avó cebolleta.

Vou poñer a dentadura en remollo.

Comentarios