Gracias, porco do rodillo!

Gracias, Porco de Rodillo!, porque onte foi un día grande e todo gracias a ti, que co teu cretinismo mobilizaches a unha riada de artistas para deixar o barrio como nunca antes o vira.
Gracias, Porco do Rodillo!, porque coa tua ignorancia patolóxica, conseguiches que a Praza da Tafona se convertise no epicentro cultural de Galicia.
Gracias Porco do Rodillo! porque gracias ós teus sesos reblandecidos onte todos nos sentimos máis orgullosos que nunca da nosa condición de Canidienses.
Gracias Porco do Rodillo! porque a evaporación da túa masa encefálica permitiu que nunca tantas emocións se xuntaran nun espazo tan pequeno.
Gracias Porco do Rodillo! porque o teu cerebro de cacahuete deu entrada a unha marea de cor nun barrio que por momentos tornaba gris.
Gracias Porco do Rodillo! porque o oco da túa cabeza, ensinounos que ninguén pode borrar a memoria da xente e moito menos coa violencia.
Gracias Porco do Rodillo! porque todos sabemos quen eres, todos te coñecemos, o mundo enteiro sabe o que fixeches e non eres ben visto no barrio.
Nin esa fachada da túa casa, de precioso ladrillo sen recebar, exemplo de feismo en estado puro, pode recibir a beleza dunha menina. Estou seguro que escaparía correndo. Xa a imaxino, levantando as faldas gritando ¡socorroooooo! pola Domus abaixo.

Agora si, gracias Eduardo e familia (estaban todos ao pé do canón), gracias ao resto de implicados, gracias aos artistas e semente de artistas polo voso esforzo.

Entre toda a xente pareceume ver a Don Gabriel bailando con Merceditas e a Qinín facendo unha Menina con cara de Tenano.

Comentarios