Novas e fotos

Levo dende o Xoves polo barrio despóis de dous meses fora. Non moitas cousas cambiaron, salvo na parte virtual, onde acabo de recibir unhas fotos estupendas dun amigo recén chegado ao blog que se chama Martín.

Son dez fotos antigas do barrio que tedes na galería. De todas elas fixéronme especial ilusión dúas, éstas que vos ensino. A do "catro" saíndo do Cruceiro e a casa de Aquilino. Eu chámolle así porque foi o único inquilino que coñecín e ao que lle xa lle adiquei unha entrada no blog no seu día.

Toca empezar coa rutina.
Por certo hai outra cousa que sigue igual, a placa adicada aos asasinados polo réxime de Franco, chea de merda e sen limpala, tal como prometera o Alcalde.

En fin, políticos!

Comentarios