Que non hai cambios¿?¿?

Mellor caladiño.

Se máis abro a boca máis meto a pata. Eu decindo que chego ao barrio e non noto cambios e resulta que xa non hai barrio. Debe ser cousa de David Copperfield, barita máxica, nada por eiquí, nada por alá, agora hai casas, agora non. Fin do truco.


Cantas tazas, claretes, cervexas e outros licores serían servidas en Fe, ou no "Negro"?. Infinitas. Agora só queda o espazo.


Xa sabedes o que penso desta machada, pero seguro que é porque son un iluso.


Dentro deste drama para o barrio chegoume unha boa nova. Parece ser que algúns dos expropiados foron realoxados en Cangrexeiras, moi pretiño da zona de actuación, e polo que sei están encantados. Menos mal, algo se fixo ben.


O que non teño tan claro é que esta ubicación sexa definitiva. Vendo as casas tipo "Beverlijils"que están facendo polos alrededores, non o teño tan claro. A verdade é que non.

Comentarios