Pedro "Picaña"

Estoume convertindo nun auténtico experto en fútbol. Nunca antes me enteiraba de como ían os equipos galegos na liga, ate a aparición do meu comentarista particular, Pedro "Picaña", única persoa, que eu coñeza, que pegou un dente con "supergén", para evitar que unha moza se dera conta de que rompera un piño.
Pedro "Picaña" sabe de fútbol porque devora fútbol a todas horas. Pases cando pases por debaixo do seu balcón, sempre escoitarás unha radio a 150 decibelios que dice "..el rrrrracinnnng de saaantannnnderrr golea al viiiiiiilllaarrreallllllll por cuaaaatrrroooo goooolessss...", e cando non é así, aparece entre as cortinas, xusto no momento de abrir a porta do coche, como si tivese un sexto sentido coma un jato, para decir: "¡Es muy joven!, le falta experiencia, tiene que madurar!".
Despois de tres minutos improvisando uns coñecementos futoboleiros dos que carezo, caio na conta de que me fala do porteiro do Racing de Ferrol que, según me dice, meteu un pouco a pata en non sei que partido de liga.
Outras veces solta "¡Nos la jugamos!", e xa sei que algo importante está a suceder con algún equipo cuxo futuro pende dun fío, sempre cun tono de voz totalmente plano.
Cando a lúa xira un pouco do revés, a conversa convírtese nun galimatías difícil de seguir: "¡No como, no salgo de casa aunque estoy bien porque tengo una pensión de 500 euros. Mañana no sé que hacer, pero manzanas traigo!" e cando lle queres contestar te despacha cun "¡Adios!" seco.
Estas reaccións de Pedro, ao que lle teño un aprecio que me costa describir, me recordan un pouco a unha anécdota que lle ocurriu a certas mulleres, ben coñecidas de min, que un día se atoparon cun vecíño mochales que, sin embargo, neste caso lles ofrecía unha conversa extremadamente lúcida, dando mostras dunha recuperación casi miragosa.
Alucinadas cos cambios experimentados no individuo en cuestión, despois de falar con el largo e tendido sobre o divino e o humano, despedíronse efusivamente. Mentres vían como se alonxaba, comentaban entre elas o ben que se atopaba e a alegría que lles causara este encontro. Cando non levaba recorrido máis de cento cincuenta mentros, deu a volta e berrou: "¡Adios vacas lecheras!.
Supoño esa lucidez, como a de Pedro, era certamente extrema.

Comentarios