Gabriel Vázquez Seijas: Memoria de Vida

Son xa algúns de vós que me preguntades polo libro póstumo de Don Gabriel editado pola xa desaparecida Fundación que levaba o seu nome.

Eiquí o tedes, chámase "Gabriel Vázquez Seijas: Memoria de Vida", así de sinxelo.

Os seus promotores foron as súas irmáns e o seu grande amigo Segundo.

O libro estructúrase en varias partes. En primeiro lugar unha introducción feita polo entonces Concelleiro de Cultura, Bonifacio Borreiros, por Monseñor Gea escolano e o propio Segundo.

Na segunda parte, a homenaxe, se recollen diferentes testemuñas de algunha xente moi achegada, como Segundo, as súas irmáns, Alfonso Gil (sen dúbida o seu discípulo), Miguel Ágel Araújo, Ramón Echarren, Manuel Mejuto, Xosé Francisco Delgado Lorenzo, Jaime García, Ramón Antonio López, Sor María Carmen Villar, Fernando Vila Segura, José Rey Kochinke, María das Dores Arribe, Xaquín Campo Freire, Manuel Santalla, Bernardo González, José Seoane y Amalia Rodríguez, Monasterio de Benedictinas de Cuntis, Rosario Cudillero, Dolores Bouyón, Josefina Díaz Beceiro, Ermitas Sueiras, Manolo Vázquez, José Mauel Souto e Chelo (os que manteñen a luz encendida), Montse Jarel, Mercedes Galán, Pepa Abeledo, Alicia Prieto Méndez, Xenaro Pérez, Isabel Tenreiro, Manuel Bello Trigo, Uxío García Amor entre outras anónimas.

Na terceira e cuarta parte, presentada por Olga Vidal, se atopa a obra postuma de Gabriel, "Canido Veinte Años de Parroquia" e o Epílogo. Non é un anecdotario, é unha obra profundamente reflexiva que merece unha lectura tranquila e sosegada. Non teñades prisa, pasade as follas con calma, repetide párrafos, nel está a ialma do noso patrón. Se hai Santos no mundo, estamos ante un.

Remata o libro cun Boletín de prensa que costa seguir sen que te invada unha profunda tristura.

Como vos podedes imaxinar, o libro non foi un éxito de ventas e agora, coa fundación en parada técnica, non creo que se reedite.

Según me contan aínda é posible conseguir os últimos exemplaras almacenados no centro cultural Torrente Ballester de xeito gratuito. Tamén na librería Chamorro.

Mentres tanto póñovos unha escolma das fotos de Gabriel que aparecen no libro. Saúdos, boa noite e boa lectura.

Foro sobre Don Gabriel



Comentarios

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Lolo Correa