A resaca das Meninas

Estamos de resaca despois da magnífica e consentida invasión de meninas e aínda co gustirrinín nos beizos, aproveito para recordar unha petición que facíamos dende o blogue hai xa algún tempo.

Vendo o éxito da iniciativa e o agradable que se torna ese espazo público sen o azoute dos coches, gustaríame novamente reivindicar a peonalización das rúa Alonso López e Estrela (ver entrada antiga). Este Sábado puidemos pasear tranquilamente, disfrutando da súa arquitectura, das súas xentes e do seu espíritu. Fainos falla ter lugares así para por as nosas pulsacións na mínima expresión.

Puidemos comprobar como ese eixo máxico do noso barrio pode ser a clave da revitalización que tanto necesitábamos. A recuperación da súa esencia, loitando contra a puñetera especulación, pode ser un atractivo para a xente nova do barrio que no seu día quixeron quedarse, pero que os Valfermosos e outras promotoras polo estilo se encargaron de impedir.

Para ilustrar esta entrada póñovos estas fotos que me enviou o outro día un amigo do blog. Xa estaban colgadas no arquivo, pero agora veñen coma un guante. Estou seguro que non fai falla que vos diga quen son. Igual que o sábado pasado, estos artistas nos facían disfrutar nos anos oitenta coas súas obras de arte feitas con froles durante os Maios, mentres no Toldo dábamos boa conta da gastronomía local ao son de Gaiteiros como Antón Varela e o difunto de Carlos Zaera, dous dos grandes maestros mundiales deste instrumento, que facían botar fume aos punteiros tocando e tocando maxistralmente sen parar.
O primeiro, coma sempre, non faltou a súa cita coas Meninas. Alí onde en Canido soa a festa sempre está Antón. Unha festa en Canido sen Antón é menos festa. Sempre penso en que o himno do barrio (e non me refiro ao opa Canido campeooooón) debería ser composto por el. Algún día seguro que o fará. Soio fai falla un novo Fontenla Leal.
O segundo non para de resoar na nosa memoria. A Gaita de Carlos é difícil de esquencer.
Hoxe lle adicamos o blog a Carlos Zaera, sempre vivo, e a Antón Varela.
Que non pare a festa! Opaiii Gaiteirooooos!

Comentarios

  1. parabéns polo blog!!
    opa canidooooo!

    ResponderEliminar
  2. Gracias Leandro, esas verbas vindo dun xenio teñen máis valor.

    Benvido

    ResponderEliminar
  3. hola, gostariame saber de donde sairon esas fotos so pola curiosidade, xa que nunha esta o meu curman Ruben e eu, na outra esta o meu irmao con toda a tropa da tafona, que xa non paran moito na praza pola falta da fonte donde se apoiaban os pes coas cachas pegadas na que hoxe e a menina chamada barrio, so e simple curiosidade.

    ResponderEliminar
  4. Pois enviounas o tal EPTL. Si fas memoria saberas mellor que ninguén quen as fixo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Meninas de Canido 2017