Via crucis do Cristo da Tafona

Parece ser que a historia do Cristo da Tafona non ten fin. Cando xa parecía ter rematado e clarificado o seu futuro, voltan novos impedimentos para que os veciños do barrio vexamos a un dos símbolos da nosa personalidade no seu fogar.
A última é unha resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 27 de Xuño de 2008, comunicada ao Concello de Ferrol o día 10 de Xullo, na que, ante a falta de alternativas ás inaceptables propostas de ubicación inicial feitas dende o consistorio (sobre un fuste, apoiada a un muro e colocada no interior dunha furna no centro da praza) e a ausencia dunha conservación adecuada da peza do século XV, declarada Ben de Interese Cultural, prácticamente botada a perder nun obradoiro da canteiría, obrígase ao Concello a museizala, delvonvendo a peza ao Centro Cultural Torrente Ballester ou calquer outro edificio de carácter cultural ou museístico.

O único que tiña que facer o Concello de Ferrol era buscar unha alternativa máis coherente coa historia da senlleira cruz, devolvendoa, como sempre estivo, ou polo menos, como sempre a coñecimos antes da expoliación, acoroada á fachada dunha casa na Praza da Tafona. Coma sempre vaia.

Pois esto me recorda ao Via Crucis. Algún Xudas tamén haberá. Dende logo esto parecería un conto se non fose realidade.

Volto cos meus malos pensamentos. A min esto cheirame bastante mal. Teño a sensación que esto era o que realmente quería o Concello, argumentos para meter a cruz nun museo e simplificar os seus problemas.

Non xoguedes cos sentimentos dun barrio. Espero que finalmente lle busquedes a solución ao problema, terminedes a praza e que dimita o responsable destre desaguisado, por inútil.

Se non iremos a por ela e a traeremos por collós, manada de ineptos.

Comentarios